Dorrón, Sanxenxo
| San Xoán de Dorrón | |
|---|---|
Casa modernista no lugar da Granxa, da parroquia de Dorrón | |
| Concello | Sanxenxo[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°24′39″N 8°45′47″O / 42.410888888889, -8.7629166666667 |
| Área | 5,6 km² |
| Poboación | 1.393 hab. (2016) |
| Densidade | 248,75 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |

San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no extremo oriental do concello pontevedrés de Sanxenxo, lindando xa co de Poio. Ó oeste linda coa parroquia de Bordóns, ó norte do concello de Meaño e ó sur coa Ría de Pontevedra.
Segundo o IGE, en 2016 tiña 1.393 habitantes (722 mulleres e 671 homes), o que supón un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 1.412 habitantes, pero un ascenso respecto ó ano 2000, cando tiña 1.328.
A parroquia ten unha superficie de 5,6 km2, distribuída en 13 entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo anterior que se supón románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.
No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.
No seu interior destaca o retablo barroco da Capela do Carme.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Dorrón
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Dorrón no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Areas | Barreiro | Casal | O Castro | A Costa | Freixeiro | A Granxa | Magaláns | O Outeiro | Recarei | Reguengo | Rodeiras | A Torre |