Xosé Abilleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Abilleira Sanmartín»)
Xosé Abilleira
Nacemento13 de marzo de 1964
Lugar de nacementoLérez
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático e escritor
Na rede
Dialnet: 3467038
editar datos en Wikidata ]

Xosé Abilleira Sanmartín, nado en Lérez (Pontevedra) o 13 de marzo de 1964, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosé Abilleira (dereita), con Anxo González Guerra (esquerda) na presentación de Memorias dunha vaca marela de Afonso Eiré (centro) en Pontevedra, 2018

Estudou no Instituto pontevedrés da Xunqueira e licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia no IES Valle-Inclán, no IES Gonzalo Torrente Ballester, no IES Pazo da Mercé das Neves (no que foi director) e no IES de Soutomaior.

Ten colaborado no Diario de Pontevedra[1], A Nosa Terra, A Nova Peneira, Sermos Galiza, Pontevedra Viva,[2] Cedofeita, Ólisbos, Madrygal...[3]

Formou parte da candidatura do BNG ao Concello de Pontevedra e foi responsábel local do partido.[4][5]

Integrante de diversas entidades culturais (Asociación Amigos da Cultura, Asociación Cedofeita, Sociedade de Estudos Clásicos...), preside Maio Longo.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Luís Amado Carballo (2001). A Nosa Terra.
  • 150 aniversario da publicación de "A gaita gallega" de Xoán Manuel Pintos (1853-2003) (2003). Concello de Pontevedra.
  • Literatura universal, Bacharelato 2 (2009). Xerais. 455 páxs. ISBN 9788497829830. Con Eloi Gestido de la Torre.
  • Literatura universal 2, Bacharelato. Proposta didáctica (2009). Xerais. 162 páxs. ISBN 9788497829847. Con Eloi Gestido de la Torre.
  • Roteiro Xoán Manuel Pintos (2011). Concellaría de Normalización Lingüística. 39 páxs. Con Ana Acuña.
  • Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994): estudos e lembranzas sobre a vida e a obra do helenista e poeta (2019). Xerais. 182 páxs. Stella Maris González Balbuena e Xosé Abilleira Sanmartín (coords.)
  • Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019). Coordinador e artigos. Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-11015-5.[7]
  • O legado clásico na nosa cultura. Unha mirada desde Pontevedra (2020). Morgante Ed. 176 páxs. ISBN 978-84-15166-84-9.[8]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • "Juan de Guzmán e o ambiente humanista na Pontevedra do século XVI", en Actas do Simposio de Historia marítima do século XII ao XVI "Pontevedra e o mar" (2003). Coordinado e editado por Francisco Calo Lourido, Concello de Pontevedra, páxs 233-244.
  • "Pontevedra literaria. Antoloxía de textos en homenaxe á Boa Vila" (2009). Concello de Pontevedra/Fundación Caixagalicia. En colaboración con Carme Blanco Ramos, Eloi Gestido de la Torre…
  • "Paseo físico e textual pola Pontevedra de Xoán Manuel Pintos" (2010). En Revista de investigación en educación, ISSN 1697-5200, Vol. 8, Nº. 1, páxs. 73-82. Con Ana Acuña.
  • "A cultura clásica en Xoán Manuel Pintos, material dignificador para Galiza" (2012). En Actualidade e compromiso: Congreso Xoán Manuel Pintos, 6, 7, 8 e 9 de abril de 2011, Pontevedra: libro de actas, 2012, páxs. 93-102

Edicións e traducións[editar | editar a fonte]

  • López de Soto, Xaquín (1992). Os maios en Pontevedra, polos anos de 1848 ó 1853. Pontevedra, Casal de Edicións. 44 páxs. Tradución.
  • Carmen Patrium sive Pontevedra. Canto á miña Terra, ou sea Pontevedra. P. Hermenegildo Amoedo Carballo e a tradución libre de Xoán Manuel Pintos (1993). Casal de Edicións, Pontevedra. 70 páxs.
  • Samósata, Luciano de (2010). Relatos Verídicos. Ed. Rinoceronte, colección Vétera. ISBN 9788492866151. Introdución, tradución do grego e notas con Xurxo Pereira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pontevedra, Diario de. "Diario de Pontevedra, Noticias de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  2. "Juan García: Unha testemuña en latín sobre a peste na Pontevedra do século XVI". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-01-30. 
  3. Sanmartín, Xosé Abilleira (2022). "Barcia Lago, Modesto (2022): Pólis y “leyes no escritas” en la tragedia Antígona de Sófocles (Xosé Abilleira Sanmartín)". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (en castelán) 25: 353–356. ISSN 1988-3285. doi:10.5209/madr.90680. 
  4. "El BNG de Pontevedra proclama al alcalde Fernández Lores como candidato a las municipales". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  5. PONTEVEDRa, Redacción / (2006-05-21). "El BNG confirma por unanimidad a Lores como candidato a la alcaldía". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  6. Pontevedra, S. REGUEIRA- (2012-06-10). "La cultura, desconcertada". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  7. "¿Sabe la ciudadanía de Pontevedra qué le debe a los reyes de Galicia, Fernando II y doña Urraca?". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  8. Diario, Nós. "Xosé Abilleira: "Como galegos, ter as nosas traducións supón a nosa propia mirada sobre o mundo clásico"". Nós Diario. Consultado o 2021-01-30.