Helene von Druskowitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHelene von Druskowitz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Helena Maria Franziska Druschkovich Editar o valor em Wikidata
2 de maio de 1856 Editar o valor em Wikidata
Hietzing, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1918 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Clínica de Amstetten-Mauer, Austria Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Disentería Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeCisleitania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofa , escritora , crítica literaria , crítico musical Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Helene von Druskowitz, nada o 2 de maio do 1856 e finada o 31 de maio do 1918, foi unha filósofa, escritora e crítica musical austríaca.[1] Doutorouse pola Universidade de Zürich, sendo a segunda muller en facelo. Publicou a meirande parte dos seus escritos baixo un pseudónimo masculino, debido ao sexismo imperante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Hietzing (Viena) no 1856. O seu nome de nacemento era Helena Maria Druschkovich. No 1874, trasladouse a Zürich, completando o seu abitur no 1878.[2] Estudou filosofía, arqueoloxía, literatura alemá, orientalismo e linguas modernas.[2] Foi a primeira muller austríaca en doutorarse, e a segunda doutora pola Universidade de Zürich, despois de Stefania Wolicka (1851-1937).[2] A súa tese tratou sobre o Don Juan de Lord Byron (1788-1824).[2]

Posteriormente, traballou como profesora de historia da literatura en diferentes universidades (Viena, Zürich, Múnic e Basilea). Tamén viaxou polo norte de África, Francia, Italia e España. No 1881, coñeceu a Marie von Ebner-Eschenbach, quen a introduciu no seu círculo literario. Tres anos máis tarde, entrou en contacto con Lou Andreas-Salomé e Friedrich Nietzsche, a través de Malwida von Meysenbug. Von Druskowitz foi unha das poucas persoas en recibir un exemplar do Also sprach Zarathustra (1883-1885), autopublicado por Nietszche. Porén, a súa relación co filósofo non durou moito tempo, xa que este criticou a súa teoría da relixión, exposta en Moderne Versuche eines Religionsersatzes ("Intentos modernos de substituír a relixión", 1886).[2]

No 1885, publicou un libro sobre tres poetas inglesas: Joanna Baillie, Elizabeth Barrett Browning e George Eliot.[2] No 1886, finou o seu irmán, e a nai de ambos dous anos despois. No 1887, Druskowitz comezou unha relación sentimental en Dresden coa cantante de ópera Therese Malten.[3] Nesta época, empezou a beber en exceso, e tivo problemas coas drogas. Tras separarse de Malten no 1891, Druskowitz caeu no alcoholismo, polo que foi internada nun hospital psiquiátrico.[2] Porén, continuou a escribir e publicar até o 1905. Tamén contribuíu á fundación das revistas feministas Der heilige Kampf ("A santa loita") e Der Federuf ("A chamada da pluma"). Druskowitz criticou tanto a relixión coma o sexismo e, tras a súa ruptura con Nietzsche, a filosofía deste.

Faleceu a finais de maio do 1918 en Mauer-Öhling, dunha disentería, tras pasar vinte e sete anos de reclusión en institucións psiquiátricas.[2] A filósofa desexaba que a súa morte pasara desapercibida; no seu testamento, escribiu:[2]

Despois da morte, que escollan unha tumba axeitada e digna, aínda que sinxela (...) Desexo que non se informe do pasamento nas páxinas dos xornais.
Helene von Druskowitz (1907)

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sultan und Prinz ("O sultán e o príncipe", 1882)
  • Der Präsident vom Zitherclub ("O presidente do club da cítara", 1883–84)
  • Percy Bysshe Shelley (1884)
  • Drei englische Dichterinnen ("Tres poetas inglesas", 1885)
  • Moderne Versuche eines Religionsersatzes ("Intentos modernos de substituír a relixión", 1886)
  • Wie ist Verantwortung und Zurechnung ohne Annahme der Willensfreiheit möglich? ("Como son posibles a responsabilidade e a culpabilidade sen asumir o libre albedrío?", 1887)
  • Zur neuen Lehre. Betrachtungen ("O novo ensino: consideracións", 1888)
  • Zur Begründung einer neuen Weltanschauung (Zur neuen Lehre) ("Sobre as bases dunha nova Weltanschauung (sobre o novo ensino)", 1889)
  • Eugen Dühring. Eine Studie zu seiner Würdigung ("Eugen Dühring: un estudo na súa honra", 1889)
  • Aspasia (1889)
  • Die Pädagogin ("O pedagogo", 1890)
  • Philosophischer Rundfragebogen ("Cuestionario filosófico", 1903)
  • Pessimistische Kardinalsätze ("Sentenzas cardinais pesimistas", 1988, co título Der Mann als logische und sittliche Unmöglichkeit und als Fluch der Welt, "O home como imposibilidade lóxica e moral, e coma maldición do mundo")

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Druskowitz, Helene von (1856-1918)". historyofwomenphilosophers.org. Consultado o 2024-03-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Helene von Druskowitz". www.fembio.org (en alemán). Consultado o 2024-03-16. 
  3. Aldrich, Robert; Wotherspoon, Garry (2001). Who's who in Gay and Lesbian History: From Antiquity to World War II (en inglés). Psychology Press. ISBN 978-0-415-15982-1.