Lou Andreas-Salomé
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de febreiro de 1861 San Petersburgo |
| Morte | 5 de febreiro de 1937 Gotinga |
| Causa da morte | insuficiencia renal |
| Lugar de sepultura | Cemiterio municipal de Gotinga |
| Educación | Petrischule |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ensaio |
| Ocupación | escritora, autobiógrafa, ensaísta, psicanalista, filósofa |
| Profesores | Sigmund Freud |
| Influencias | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Friedrich Carl Andreas (1887–) |
| Parella | Rainer Maria Rilke |
| Descrito pola fonte | Lexikon der deutschsprachigen Literatur des Baltikums und St. Petersburgs, (p.141-144) Lexikon deutschsprachiger Schriftstellerinnen 1800–1945 (en) Schriftstellerinnen in Berlin 1871 bis 1945. Ein Lexikon zu Leben und Werk (en) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Lou Andreas-Salomé, nada como Louise von Salomé en San Petersburgo en 1861 e finada en Göttingen en 1937, foi unha intelectual ruso-alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun xeneral do exército ruso de orixe alemá, estudou na Universidade de Zürich, unha das poucas que admitía mulleres. Alí realizou estudos comparativos de relixión e cursos de filoloxía, filosofía e historia da arte. En 1882 viaxa a Roma e coñece, mentres se recuperaba dunha grave enfermidade, a Malwida von Maysenburg, coñecida polo seu feminismo e os seus salóns literarios. Alí faise amiga do escritor Paul Rée, amigo de Nietzsche, cos que proxecta a creación dunha comuna literaria que nunca se faría realidade.
Casou co lingüista Carl Friedrich Andreas, logo que este a ameazase con suicidarse, pero nunca consumou o matrimonio. Residiu en Göttingen dende 1903, onde o seu home era catedrático.
Foi amiga de grandes intelectuais como Rainer Maria Rilke ou Sigmund Freud, de quen foi discípula. Tras a primeira guerra mundial dedicouse á terapia psicanalítica. En 1885 publicou a súa primeira novela, Im Kampf um Gott ("Na loita por Deus").