Harry Potter e a pedra filosofal (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Harry Potter e a pedra filosofal
Desenvolvedor(es)KnowWonder (PC)

Argonaut (PS)
Warthog (GC, PS2, XBOX)
Griptonite (GBC)
Eurocom (GBA)

Westlake Interactive (MAC)
Distribuidora(s)Electronic Arts
Produtor(es)EA Games
Compositor(es)Jeremy Soule
MotorUnreal Engine 1
Lanzamento15 de novembro de 2001
XéneroAventuras
Acción
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI PEGI 12 (2009-2010).svg
USK USK 6.svg
Plataforma(s)PC, PlayStation, Game Boy Color, Game Boy Advance, MAC, Nintendo GameCube, PlayStation 2, Xbox
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter e a pedra filosofal é un videoxogo de acción e aventuras multiplataforma de Electronic Arts desenvolvido por KnowWonder, Warthog, Griptonite, Argonaut, Eurocom e Westlake Interactive.[1][2][3][4][5][6] Inicialmente, a pedra filosofal fora desenvolvido para PlayStation, PC, Game Boy Color, Advance e Macintosh, e logo foi refeito dous anos despois para PlayStation 2, Xbox e Nintendo GameCube.[7]

A primeira versión do xogo lanzouse á venda o 15 de novembro de 2001 en Norte América; en Australia e Europa estivo dispoñible a partir do 16 de novembro e no Xapón o 1 de decembro de 2003. A segunda versión viu a luz o 9 de decembro de 2003 en Norte América, no Xapón o 11 de decembro e en Australia e Europa o 12 de decembro.[8][9]

O videoxogo está baseado en Harry Potter e a pedra filosofal, a primeira novela da serie Harry Potter de J. K. Rowling. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A maioría das críticas foron negativas. Os críticos destacaron a sinxeleza das probas e os pobres gráficos das versións de 2003.[10][11]

Modo de xogo[editar | editar a fonte]

O modo de xogo de Harry Potter e a pedra filosofal é desde unha perspectiva de terceira persoa. O xogador controla a Harry Potter desde un punto de vista situado tras o personaxe.[12]

PC e PlayStation[editar | editar a fonte]

Nas versións para PC e PlayStation, o videoxogo é semellante a un xogo de disparos de terceira persoa un xogo de crebacabezas. Inclúe combates con varias criaturas e xefes como Lord Voldemort. Ao longo da historia vanse aprendendo diversos esconxuros nas clases que poderán empregarse con inimigos e obxectos.

GameCube, PlayStation 2 e Xbox[editar | editar a fonte]

Warthog Games fixo un novo xogo de Harry Potter e a pedra filosofal para as consolas máis novas en 2003, un par de anos despois das versións orixinais. O seu modo de xogo difire moito do resto de versións e recibiu críticas por tomar todos os esconxuros do videoxogo d’a Cámara dos Segredos.

Game Boy Color[editar | editar a fonte]

O xogo para a Game Boy Color é similar a outros como Final Fantasy. O xogador controla a Harry, comezando con Hagrid levándoo ata a Travesa Diagon. Os esconxuros empréganse para os combates, no canto de servir para interactuar tamén coa contorna.

Game Boy Advance[editar | editar a fonte]

O videoxogo para a Game Boy Advance é completamente diferente ca o da Game Boy Color. O xogo da Game Boy Advance é de crebacabezas. O xogador explora Hogwarts e debe asistir ás clases, que a miúdo inclúen un desafío de recoller certo número de elementos. O xogo inclúe monstros habituais doutros xogos da serie, como caracois e gnomos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Games developed by KnowWonder Digital Mediaworks". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  2. "Games developed by Warthog". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  3. "Games developed by Eurocom". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 30-04-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  4. "Games developed by Westlake". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  5. "Games developed by Griptonite Games". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 31-12-2009. Consultado o 10-05-2011. 
  6. "Games developed by Argonaut Games". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  7. "EA's Harry Potter and the Sorcerer's Stone Now Available for Next-Gen Consoles". Game Info Wire. 14-12-2003. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  8. "Harry Potter and the Philosopher's Stone Releases". Giant Bomb. Consultado o 10-05-2011. 
  9. "Harry Potter and the Philosopher's Stone release dates". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 23-01-2013. Consultado o 10-05-2011. 
  10. Casamassina, Matt (9 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". IGN.com (IGN Entertainment, Inc.). Consultado o 7 de xuño de 2010. 
  11. Steinberg, Steve (30 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". GameSpy (IGN Entertainment, Inc.). Consultado o 7 de xuño de 2010. 
  12. Steinberg, Steve (30 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". GameSpy (IGN Entertainment, Inc.). Consultado o 7 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]