Guindeira
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2018) |
Guindeira | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Prunus cerasus L. |
A guindeira[1] (Prunus cerasus), é unha especie de Prunus do subxénero Cerasus, nativa de Europa e do sueste de Asia. Está estreitamente emparentada coa cerdeira (Prunus avium), porén as súa froita é máis aceda e utilizada, especialmente, en preparacións culinarias (xaropes, licores etc.); por iso ás veces recibe o nome de cerdeira aceda.
A súa froita chámase guinda.
En Galicia pódese atopar nalgunhas hortas e pomares particulares dende a antigüidade xunto a outras cerdeiras e demais froiteiras.
Descrición[editar | editar a fonte]
A árbore, máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As follas son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os froitos encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.
Historia
As cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de Prunus cerasus e a dubidosamente dispar especie P. acida, natural do Mar Caspio e o Mar Negro. Coñecidas polos gregos no 300 a. C., tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na Gran Bretaña moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de Henrique VIII, no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a Massachusetts plantaron a primeira variedade de guindeira en América do Norte, a Kentish Red.
Antes da Segunda Guerra Mundial existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades Kentish Red, Amarelles, Griottes e Flemish, só é vendida a xenérica Morello na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.
En Galicia é tradicional o licor de guindas.
Cultivo[editar | editar a fonte]
Estas cerdeiras cómpren de condicións semellantes ás requiridas para o cultivo de pereiras, é dicir solos húmidos ben drenados, esixindo máis cantidade de nitróxeno e de auga cá cerdeira doce .
Propiedades[editar | editar a fonte]
- Principios activos: contén sales potásicas, vestixios de polifenois: taninos catéquicos. Flavonoides.[2]
- Indicacións: úsase coma diurético, adstrinxente, expectorante. Indicado para estados nos que se requira un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, pielonefrite, oliguria ou urolitíase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, exceso de peso acompañado de retención de líquidos. O seu uso coma diurético en presenza de hipertensión, cardiopatías ou insuficiencia renal moderada ou grave, só debe facerse por prescrición e baixo control médico, ante o perigo que pode supor a achega incontrolada de líquidos, a posibilidade de que se produza unha descompensación da tensión ou, se a eliminación de potasio é considerábel, unha potenciación do efecto dos cardiotónicos.[2]
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Prunus cerasus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474–475, no ano 1753..[3]
- Cerasus ácida (Ehrh.) Borkh.
- Cerasus austera (L.) Borkh.
- Cerasus austera (L.) M.Roem.
- Cerasus collina Lej. & Courtois
- Cerasus fruticosa Pall.
- Cerasus vulgaris Mill.
- Prunus ácida Ehrh.
- Prunus aestiva Salisb.
- Prunus austera (L.) Ehrh.[4]
- Cerasus avium subsp. acida (Ehrh.) Bonnier & Layens
- Cerasus vulgaris subsp. acida (Ehrh.) Dostál (ed.)
- Cerasus vulgaris var. frutescens (Neilr.) Cinovskis
- Cerasus vulgaris var. caproniana (L.) Buia in Savul. (ed.)
- Prunus caproniana (L.) Gaudin
- Prunus cerasus subsp. acida (Ehrh.) Schübl. & G.Martens
- Prunus cerasus var. acida (Ehrh.) Willd.[5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guindeira.
- ↑ 2,0 2,1 "Prunus cerasus". Plantas útiles: Linneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 28 de novembro de 2009.
- ↑ Guindeira en Trópicos
- ↑ Guindeira en Catalogue of life
- ↑ "Guindeira". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 28 de novembrode 2009.
- ↑ Guindeira en PlantList/
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guindeira ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Guindeira |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de cerdeira |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., New York.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
- Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
- Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, New York.
- Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
- Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.
- Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur do Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.