Guerras lusitanas
Guerras lusitanas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conquista romana de Hispania | |||||||
Monumento a Viriato e os lusitanos en Viseu, Portugal | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
República Romana | Lusitanos | ||||||
Líderes | |||||||
Servio Sulpicio Galba, Caio Vetílio, Lucio Licinio Lúculo, Quinto Fabio Máximo Emiliano |
Viriato †, Púnico †, Césaro, Tautalo, Cauceno | ||||||
Baixas | |||||||
? | ? |
Guerras lusitanas é o nome historiográfico das guerras que a República Romana mantivo cun grupo de pobos do oeste da Península Ibérica, que os propios romanos chamaron lusitanos, e cuxo territorio foi incorporado á provincia chamada Hispania Ulterior. Tiveron lugar entre o 155 a.C. e o 139 a.C., sendo en parte simultánea ás guerras celtibéricas (guerra numantina, do 154 a.C., no territorio que se incorporou a Hispania Citerior). A guerra lusitana tamén se chamou Purinos Polemos (que, en grego antigo, significa a Guerra Feroz)
Os lusitanos rebeláronse contra Roma en dúas ocasións (no 155 a.C. e 146 a.C.), mais foron derrotados nas dúas ocasións e os romanos impuxeron a pax romana.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros contactos
[editar | editar a fonte]No 194 a.C., estalaron hostilidades entre os romanos e os lusitanos, que eran un pobo autóctono. Segundo Plutarco, no 190 a.C. Lucio Emilio Paulo enfrontouse aos lusitanos e tras ser derrotado inicialmente e perder a 6.000 dos seus homes, finalmente triunfou e matou a 30.000 dos seus guerreiros.[1][2] Ao ano seguinte, Publio Xunio Bruto derrotou e matou a 18.000 lusitanos e capturou 2.300 máis.[1] O seu sucesor como pretor da provincia Ulterior (188 a.C.-186 a.C.), ao comezo do seu goberno atacou os lusitanos e asediou a Asta Regia, matando a 6.000 persoas.[1] No 179 a.C., os romanos tiveron éxito na pacificación da zona e obtiveron un importante tratado de paz.
Primeira revolta lusitana
[editar | editar a fonte]Non obstante, no 155 a.C., baixo a dirección dun caudillo chamado Púnico (en grego: Πούνικος / Poúnicos,en Apiano), que estaba aliado aos vetóns, produciuse unha gran revolta que asolou toda a rexión. Así, no 154 a.C., os lusitanos atacaron a Bética onde derrotaron a Lucio Manlio Acidino, gobernador da Citerior, e a Lucio Calpurnio Pisón, da Ulterior, causando máis de 5.000 baixas.
Trala morte de Púnico, outro xefe chamado Césaro (Καίσαρος / Kaísaros), que asumiu o liderado da revolta lusitana, derrotou no 153 a.C. ao pretor Lucio Mumio Acaico finxindo unha manobra de retirada. Esta vitoria, animou á resistencia dos celtiberos, especialmente dos habitantes de Segeda que estaban inmersos na segunda guerra celtibera.[3] Ao mesmo tempo, tamén se levantou contra Roma outro caudillo, chamado Cauceno (Καυκαίνος / Kaukaínos), que invadiu momentaneamente o norte de África.
Entre os anos 154 a.C. e 153 a.C., Lucio Mumio ao mando duns 15.000 lexionarios, enfrontouse a un exército de 20.000 infantes e 5.000 cabaleiros entre lusitanos e celtiberos.[3] Tras sofrer varias derrotas iniciais nas que perdeu entre 5.000[3] e 6.000 homes,[4] finalmente, logrou impoñerse e vencelos e, mesmo, foi homenaxeado pouco despois cun Triunfo en Roma.[5][6]
O pretor Servio Sulpicio Galba e o procónsul Lucio Licinio Lúculo chegaron no 151 a.C. e procederon a someter á poboación local. Non obstante, os lusitanos causáronlles máis de 7.000 vítimas de combate, obrigándoos a se retiraren ao seu cuartel de inverno en Conistorgis, en territorio dos cuneos, cos seus 20.000 homes restantes.[7] Galba entón invitou aos líderes lusitanos a "iniciar negociacións de paz" (150 a.C.) e conseguiu atraer a máis de 30.000 lusitanos sen armas coa promesa de repartir terras entre eles[8][9][10] e asasinounos no acto, masacrando a 8.000[11] ou 9.000[9] lusitanos e vendendo outros 20.000 como escravos, incluíndo mulleres e nenos. A conduta de Galba escandalizou tanto en Roma que cando retornou foi xulgado, aínda que saíu absolto.[12] por Lúculo interveu antes de que embarcaran e asasinou outros 15.000 deles.[7] Finalmente, no 147 a.C., chegou con reforzos Caio Vetilio, sumando outros 10.000 soldados romanos para controla-la zona.[5][13]
Segunda revolta lusitana. Viriato
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Viriato.
Quizais por mor do masacre, durante dous anos, apenas hai noticias[12] mais no 147 a.C., Apiano menciona que os lusitanos atoparan, o ano anterior, un novo caudillo chamado Viriato (Οὐρίατθος / Ouríatthos en Apiano), quen gañou sona entre os romanos como un gran líder guerrilleiro. De Viriato, Theodor Mommsen afirmou: "É unha especie de heroe de Homero quen resucitou: o nome de Viriato resoou gloriosamente en toda España[14]; e a brava nación creu atopar nel o home que por fin esnaquinazá as cadeas impostas polo estranxeiro".[15]
Viriato, conseguiu reunir uns 6.000 guerreiros cos que respondeu cun sistema de guerra de guerrillas contra unha ofensiva romana comandada por Vetilio.[16] Cando os romanos entraron en territorio inimigo perseguindo a Viriato, foron emboscados nunha garganta da actual Serranía de Ronda, preto dunha cidade que as fontes denominan como Tribola pero que está sen localizar, morrendo ou sendo capturados 4.000 romanos; entre os que morreron estaba tamén Vetilio.[12] Os romanos sobreviventes foron reforzados por 5.000 belii e titos (dúas tribos celtiberas aliadas dos romanos), e lanzaron outra ofensiva que tamén rematou desastrosamente coa maioría dos celtiberos aliados mortos e os sobreviventes tiveron que refuxiarse en Carteia á espera de reforzos.[17]
Viriato e mailos seus seguidores aproveitaron a inactividade do inimigo derrotado e tomaron a iniciativa, entrando na Carpetania e no val do río Betis, rexións que devastaron. Mentres o sucesor de Vetilio, o pretor Caio Plautio permanecía ao mando na Ulterior con 10.000 infantes e 1.300 xinetes, que inmediatamente lanzaron unha ofensiva para capturar ao líder lusitano na Carpetania, polo que Viriato volveu empregar-las tácticas guerrilleiras e causou máis de 4.000 vítimas romanas.[17]
No 145 a.C., o xeneral Quinto Fabio Máximo Emiliano con 30.000 soldados, 17.000 deles recrutados recentemente,[5][18] levou a cabo unha exitosa campaña contra os lusitanos, pero fracasou no seu obxectivo de deter a Viriato. No 143 a.C., Viriato formou unha coalicióncon varias tribos celtibéricas contra os romanos mais o ano seguinte, no 142 a.C., o aliado de Viriato, o caudillo celtibérico Tancino, foi derrotado por Quinto Pompeio.[19]
Do 141 a.C. ao 140 a.C., Fabio Máximo continuou a súa campaña por Serra Morena con dúas lexións romanas e auxiliares xuntando en total, 18.000 infantes e 1.600 xinetes romanos, 300 numidios e 10 elefantes de guerra enviados polo rei Micipsa. Viriato derrotounos matando a 3.000 romanos.[1] Despois disto, o xeneral romano refuxiouse no seu campamento base onde recibiu 5.000 soldados máis de reforzo cos que comezou unha nova ofensiva provocando a fuxida dos lusitanos.[20] Tivo éxito cando se enfrontou en campo aberto aos caudillos lusitanos Curio e Apuleio, os cales perderon case todo o exército e 10.000 lusitanos foron capturados.[1] A pesar disto, poucos meses despois o exército romano foi emboscado e derrotado na serra. Pouco despois, Viriato derrotou tamén ao xeneral Quinto Fabio Máximo Serviliano e aceptou perdoarlle a vida a cambio dun tratado de paz de igual a igual.[19]
O tratado foi roto un ano despois polo novo cónsul Quinto Servilio Cepión, quen penetrou con 20.000 lexionarios nas terras dos vetenos e galaicos mentres que Marco Popilio Laenas pacificaba a rexión entre os ríos Douro e Texo, construíndo varios campamentos para asegurala.[19] No 139 a.C., Viriato foi finalmente asasinado mentres durmía por tres dos seus compañeiros -Audax, Ditalco e Minuro- que foran enviados como emisarios a Roma e subornados por Marco Popilio Laenas ou por Cepión.[21]
Décimo Xunio Bruto observou, mentres se internaba en Lusitania, que as súas cidades estaban defendidas por mulleres guerreiras.[Cómpre referencia]
Durante os anos 61 a 60 a.C. o propretor Caio Xulio César cun exército de 20 cohortes (uns 10.000 homes) e 5.000 auxiliares locais someteu definitivamente aos lusitanos.[22][23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lorrio & Gardes (2001), p. 52.
- ↑ Plutarco, "Emilio Paulo" 4,3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Martínez Miguélez (2010), p. 21.
- ↑ Apiano, capítulo 56.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Blázquez (1975), p. 70.
- ↑ Apiano capítulo 60.
- ↑ 7,0 7,1 Suárez Fernández (1995), p. 431.
- ↑ García Quintela (1999), p. 206.
- ↑ 9,0 9,1 Batista González (2007), p. 55.
- ↑ Van Der Plas (1993), p. 106.
- ↑ Garcés Estallo (1999), p. 89.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Sánchez-Moreno & Gómez Pantoja (2008), p. 342.
- ↑ Apiano, capítulo 64.
- ↑ Por Hispania.
- ↑ Mommsen (1876), p. 20.
- ↑ Apiano, capítulo 67.
- ↑ 17,0 17,1 Suárez Fernández (1995), p. 434.
- ↑ Apiano, capítulo 65.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Martínez Miguélez (2010), pp. 22-23.
- ↑ Martínez Miguélez (2010), p. 22.
- ↑ Batista González (2007), p. 58.
- ↑ Blázquez (1975), p. 71.
- ↑ Apiano,"César" capítulo 65.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Fontes primarias
[editar | editar a fonte]- Apiano, Iberia, cap. 60-67.
- Plutarco, Vidas Paralelas. Julio César e Emilio Paulo.
Fontes secundarias
[editar | editar a fonte]- Batista González, Juan (2007). España estratégica: guerra y diplomacia en la historia de España (en castelán). Madrid: Silex Ediciones. ISBN 978-84-7737-183-0.
- Blázquez, José María (1975). La romanización. Vol. II: La sociedad y la economía en la Hispania romana. Colección: Ciclos y temas de la Historia de España (en castelán). Madrid: Ediciones AKAL. ISBN 84-7090-068-4.
- García Quintela, Marco V. (1999). Mitología y mitos de la Hispania prerromana (en castelán) 3. Madrid: Ediciones AKAL. ISBN 84-460-1015-1.
- Garcés Estallo, Ignasi (1999). Historia antigua de Hispania. Colección: Textos docents 156 (en castelán). Barcelona: Edicions Universitat Barcelona. ISBN 84-8338-107-9.
- Lorrio, Alberto J.; Gardes, Philippe (2001). Ercavica: la muralla y la topografía de la ciudad (en castelán). Madrid: Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-89512-82-5.
- Martínez Miguélez, Antonio (2010). Héroes, Adventureros, Caudillos y Gestas (en castelán). Madrid: Editorial Aebius. ISBN 978-84-15209-15-7.
- Mommsem, Theodor (1876). Historia de Roma (en castelán). Libro IV. Tomo V. Madrid: Francisco Góngora, Editor.
- Sánchez-Moreno, Eduardo; Gómez Pantoja, Joaquín, eds. (2008). Protohistoria y Antigüedad de la Península Ibérica: La Iberia prerromana y la Romanidad (en castelán). Madrid: Sílex Ediciones. ISBN 978-84-7737-199-1.
- Suárez Fernández, Luis (1995). Historia General de España y América. Volume I. De la protohistoria a la conquista romana (en castelán). Madrid: Ediciones Rialp. ISBN 8432120960.
- Van Der Plas, Robert (1993). Nuevos estudios sobre la Romanización (en castelán). Madrid: Ediciones AKAL. ISBN 9788479020835.