Asta Regia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Theom3ga-05-Yacimiento Arqueológico Mesas de Asta ( Asta Regia ) RI-55-0000584.jpg

Asta Regia (ou Hasta Regia) foi unha antiga cidade cuxos restos arqueolóxicos localízanse na barriada rural de Mesas de Asta en Xerez da Fronteira (Andalucía, España). Atópase na estrada A-2000, que une Xerez e Trebujena, a uns 11 km do centro de Xerez.

Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC), baixo a categoría de Zona Arqueolóxica, no ano 2000.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os restos foron descubertos polo historiador xerezano Manuel Esteve Guerrero contra 1942,[3] que realizou varias campañas de escavación nas décadas de 1940 e até 1956. Na década de 1990 descubriuse a necrópole e, recentemente, houbo unha serie de campañas por investigadores da Universidade de Cádiz nas que se está un xeoradar de última xeración para realizar unha arqueoloxía non invasiva, escaneando e recreando en 3D os materiais existentes a uns 4 metros de profundidade.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Existen indicios de presenza humana desde o Neolítico e foi habitado por tartesios, fenicios, turdetanos, romanos e árabes, os seus derradeiros poboadores históricos.[2] Mesmo algún erudito local ten formulado a hipótese de que fose a Atlántida, ao atoparse nunha zona inundable entre as desembocaduras dos ríos Guadalquivir e Guadalete.[4]

Porén, os estudosos da historia afirman que en época romana a cidade tivo maior importancia que Baelo Claudia ou Itálica, de aí o seu apelativo de "Regia"[5][6] e fora mencionada por Estrabón ou Pomponio Mela como un importante porto marítimo.[2] Igualmente, atopáronse na zona diversas placas con inscricións latinas,[7] e tamén foron atopados restos da ocupación islámica, datada entre os séculos X e XIII.[8]

A maioría das pezas e restos arqueolóxicos atopadados en Asta Regia dende as escavacións de Esteve, conforman a maior parte das pezas exposta no Museo Arqueolóxico de Xerez.[6][9]

Propiedade[editar | editar a fonte]

O xacemento, de 60 hectáreas de extensión[2] máis 32 de necrópole,[3][10] é actualmente propiedade privada, e semella que non existe interese por parte das administracións públicas en adquirilo para escavalo e protexelo a pesar de haberse identificado novas edificacións soterradas.[2][6][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado (ed.). "Decreto 100/2000, de 6 de marzo, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de zona arqueológica, el yacimiento de Mesas de Asta, Jerez de la Frontera (Cádiz)" (PDF). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Cañas, Jesús A. (10-07-2016). "2.300 años de historia bajo un trigal". elpais.com. Consultado o 21-02-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Sánchez Múgica, Paco (15-07-2017). "El secreto de Asta Regia, a 3,7 metros bajo tierra". lavozdelsur.es (Arquivado por Waybach Machine o 6-02-2018). Consultado o 21-02-2019. 
  4. "A los pies de la Atlántida". lavozdigital.es. 06-12-2009. Consultado o 21-02-2019. 
  5. Cala, Arantxa (26-09-2011). "Proponen incorporar Asta Regia en las rutas turísticas de la ciudad". diariodejerez.es. Consultado o 21-02-2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Miró, Jorge (07-02-2015). "El tesoro oculto de Asta Regia". lavozdelsur.es. Consultado o 21-02-2019. 
  7. "La epigrafía de Asta RegiaAsta o Hasta Regia". diariodejerez.es. 09-06-2009. Consultado o 21-02-2019. 
  8. Cala, Arantxa (05-02-2018). "Atlas de paisajes ocultos". diariodejerez.es. Consultado o 21-02-2018. 
  9. "Tartesos y Turdetania". diariodejerez.es. 09-05-2017. Consultado o 21-02-2019. 
  10. Sánchez & Santiago (2010), p. 169
  11. Fernández Quintanilla, Pablo (24-11-2016). "La UCA localiza nuevas edificaciones bajo Asta Regia gracias a un potente radar". diariodejerez.es. Consultado o 21-02-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Esteve Guerrero, Manuel (1945). Excavaciones de Asta Regia (Mesas de Asta, Jerez). Campaña 1942-43. Acta Arqueológica Hispánica III. Comisaría General de Excavaciones Arqueológicas. Madrid.
  • Esteve Guerrero, Manuel (1950). Excavaciones de Asta Regia (Mesas de Asta, Jerez). Campaña 1945-46. Informes y Memorias de la Comisaría de Excavaciones Arqueológicas, 22. Madrid.
  • Esteve Guerrero, Manuel (1962). Excavaciones de Asta Regia (Mesas de Asta, Jerez). Campaña 1949-50 y 1955-1956. Centro de Estudios Históricos Jerezanos nº 19. Jerez de la Frontera.
  • El Housin, El Housin (2009). La ciudad bética durante la antiguedad tardía. Persistencias y mutaciones locales en relación con la realidad urbana de las regiones del Mediterráneo y del Atlántico. (tese de doutoramento). Granada: Universidade de Granada. ISBN 978-84-692-225 7-7. 
  • Sánchez Bonilla, Juan Francisco; Santiago Pérez, Antonio (2010). Universidade de Cádiz, ed. "Asta Regia: cuando la arqueología se transforma en una necesidad social". Revista Atlántica-Mediterránea de Prehistoria y Arqueología Social (12): 167–174. ISSN 1138-9435. doi:10.25267/Rev_atl-mediterr_prehist_arqueol_soc.2010.v12.12. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]