Quinto Servilio Cepión (cónsul 140 a. C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quinto Servilio Cepión»)
Infotaula de personaQuinto Servilio Cepión
Nome orixinal(la) Q. Servilius Cn.f.Cn.n. Caepio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 183 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 138 a. C. Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
140 a. C. – 140 a. C.
Xunto con: Caio Lélio Sapiente (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaServilii Caepiones (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido
FillosQuinto Servílio Cepião (pt) Traducir, Servilia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCneu Servílio Cepião (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
IrmánsQuinto Fabio Máximo Serviliano e Cneu Servílio Cepião (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Quinto Servilio Cepión (en latín, Quintus Servilius Caepio), nado cara ao 183 a. C. en Roma e finado arredor do 188 a. C., foi un político romano. Fillo de Cneo Servilio Cepión, serviu como cónsul no ano 140 a. C. xunto a Caio Lelio Sapiente, foi pai de Quinto Servilio Cepión (cónsul 106 a.C.).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois do seu consulado, Cepión foi destinado a un proconsulado en Hispania Ulterior tras a derrota de Quinto Fabio Máximo Serviliano a mans do líder lusitano Viriato e a ratificación dun tratado favorable a este último.[1][2] Ao comezo do mandato de Cepión, "acosou ao senado con constantes misivas, pedindo urxente permiso para retomar a guerra contra Viriato e desprezando o deshonroso tratado de Serviliano".[2] Despois de conseguir o permiso para retomar a guerra e con substancialmente máis recursos que Viriato (que estaba quedando sen homes), o xefe abriu negociacións, que foron en vano: Cepión subornou con éxito aos seguidores de Viriato para que o asasinasen.[2]

Despois, algunhas das tribos da rexión uníronse en torno a outro líder pero foron rodeadas e reasentadas pacíficamente;[2] Cepión tamén obrigou a varias tribos da rexión a renderse e ceder terras aos romanos.[1] Tratou tan mal aos seus soldados que nun momento case o matou a súa propia cabalaría.[3] A súa vitoria, con todo, non foi completa: "outras comunidades do oeste da península inspiráronse no exemplo de Viriato e continuaron asaltando as provincias [romanas]" nos próximos anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Broughton, Thomas Robert Shannon (1951). "The magistrates of the Roman republic". American Philological Association 1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gabriel David, Baker (2021). Spare no one: mass violence in Roman warfare. Rowman and Littlefield. ISBN 978-1-5381-1220-5. OCLC 1259397887. 
  3. Smith, William (1870). "Dictionary of Greek and Roman biography and mythology". Little Boston 1: 534. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Cneo Servilio Cepión e
Quinto Pompeio

Cónsul da República Romana
xunto con Caio Lelio Sapiente

-140
Sucesor:
Cneo Calpurnio Piso e
Marco Popilio Lenas