Apiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaApiano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀππιανός Ἀλεξανδρεύς Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 95 Editar o valor em Wikidata
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Mortec. 165 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Procurador romano (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, função pública (pt) Traducir e actividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , avogado , escritor , funcionario Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Apiano (en latín Appianus Alexandrinus e en grego Αππιανός Αλεξανδρεύς), ás veces citado como Apiano de Alexandría, nado en Alexandría circa o 95 e finado circa o 165,[1] foi un historiador romano de orixe grega, que viviu durante os gobernos de Traxano, Hadriano e Antonino Pío.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu arredor do ano 95 d.C en Alexandría (hoxe en Exipto). El mesmo conta que logo de cumprir diversas maxistraturas na provincia de Exipto, recalou en Roma cara ao 120, onde exerceu a avogacía, mantendo casos perante os emperadores. No 147 exerceu como procurador, posibelmente en Exipto mesmo, por recomendación do seu amigo Marco Cornelio Frontón. Este cargo de procurador só podía ser exercido por membros da clase, ou ordo, ecuestre.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra, Ῥωμαϊκά, coñecida como Historia Romana, en 24 libros (dos cales só 10 están completos) escrita en grego antes do ano 165. Neles, inclúese a historia de Iberia​ cun carácter etnográfico,​ e tamén deixou noticias sobre as guerras celtiberas e a conquista de Numancia (libro VI: De rebus Hispaniensibus).

Son máis ben unha colección de monografías que unha historia cohesionada. Nela efectúa unha narración sobre diversos pobos e territorios, desde as súas orixes ata a súa incorporación a Roma, rematando na morte de Traxano. Algúns dos libros completos e considerábeis fragmentos da obra chegaron até nós. Pese á falta de atractivo do seu estilo, a obra é valiosa, especialmente no que se refire ao período das guerras civís.

Historia Romana de Apiano (impresa en Venecia en 1477 por Erhard Ratdolt).
Volume Título en latín Argumento Estado actual
I De regibus Romanorum Monarquía romana Fragmentos
II De rebus Italicis República romana. A expansión romana en Italia (496-275 a. C.) Fragmentos
III De rebus Samniticis Guerras samnitas Fragmentos
IV De rebus Gallicis Guerra das Galias Fragmentos
V De rebus Siculis et reliquarum insularum Conquista romana de Sicilia e das illas Fragmentos
VI De rebus Hispaniensibus Conquista de Hispania Completo
VII De bello Annibalico Segunda guerra púnica Completo
VIII De rebus Punicis et De rebus Numidicis (appendix) Tercera guerra púnica e guerra de Iugurta Completo
IX De rebus Macedonicis et De rebus Illyricis (appendix) Guerras macedónicas e guerras ilíricas Fragmentos
X ... Guerra en Asia e Grecia Perdido
XI De rebus Syriacis Guerra romano-siria Completo
XII De bello Mithridatico Guerras mitridáticas Completo
XIII De bellis civilibus Lib. I Primeira guerra civil da República romana Completo
XIV De bellis civilibus Lib. II Segunda guerra civil da República romana Completo
XV De bellis civilibus Lib. III Batalla de Mutina Completo
XVI De bellis civilibus Lib. IV Tercera guerra civil da República romana Completo
XVII De bellis civilibus Lib. V Guerra de Perusia e guerra contra Sexto Pompeio Completo
XVIII ... Guerra en Exipto I Perdido
XIX ... Guerra en Exipto II Perdido
XX ... Guerra en Exipto III Perdido
XXI ... Guerra en Exipto IV Perdido
XXII ... Guerra do Imperio Perdido
XXIII ... Guerras dacias Perdido
XXIV .... Conquista de Arabia de campañas párticas de Traxano Fragmentos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Appian, The Spanish Wars 14". livius.org. Consultado o 24-10-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Volumen I: Historia romana I. 1994. ISBN 978-84-249-3550-4.
  2. Volumen II: Historia romana II: Guerras civiles. Libros I-II. 1985. ISBN 978-84-249-3551-1.
  3. Volumen III: Historia romana III: Guerras civiles. Libros III-V. 1985. ISBN 978-84-249-3552-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]