Décimo Xunio Bruto Galaico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Décimo Xunio Bruto Galaico
Bellum-Asturicum-Cantabricum.png
Operacións militares romanas no noroeste da penínsua Ibérica
Nome de nacementoDecimus Junius Brutus
AlcumeCallaicus
Nacemento180 a.C. ou 181 a.C.
 Roma
Falecemento113
 Roma
NacionalidadeRepública Romana
OcupaciónPolítico, militar
PaiMarco Xunio Bruto (cónsul)
Nai?
CónxuxeClodia
Fillos
  • Xunia
  • Décimo Xunio Bruto
IrmánsMarco Xunio Bruto (pretor)
Cargos
editar datos en Wikidata ]
Décimo Xunio Bruto cruzando o Lethes (hoxe río Limia). Foto da representación da Festa do Esquecemento.

Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n.[1] Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus), nado en Roma en 180 a.C. ou 181 a.C. e finado en 113 a.C., foi un xeneral e político romano do século II a.C., que dirixiu as campañas de conquista da Gallaecia.

Era un optimate que dirixiu as tropas en Hispania e en Iliria.

Era fillo de Marco Xunio Bruto (cónsul no 178 a.C.) e irmán de Marco Xunio Bruto (pretor no 88 a.C.). Tivo un fillo tamén chamado Décimo Xunio Bruto (cónsul no 77 a.C.), e o seu neto foi Décimo Xunio Bruto Albino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bruto, foi cónsul no ano 138 a. C., xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio.

Dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de Almourol, nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo (Lisboa). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos levaantamentos das poboacións locais. Fundou Valentia (Valença do Miño) cos superviventes do exército de Viriato e estableceu unha posición fortificada en Viseu.

Xa como procónsul, no ano 137 a.C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor do actual Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno o primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que os chamaba polos seus nomes, e segundo conta Estrabón, chegou até o río Miño.

O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no -36 a.C.

Operacións militares romanas no noroeste da penínsua Ibérica.
A liña de cor lila sinala a campaña de Décimo Xunio Bruto no ano 137 a.C.


Predecesor:
Cneo Calpurnio Pisón,
Marco Popilio Laenas
 Cónsul da República Romana 
138 a.C.

xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio

Sucesor:
Marco Emilio Lépido Porcina
Caio Hostilio Mancino

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "M. f. M. n. é unha abreviación de Marci filius Marci nepos, é dicir fillo de Marco, neto de Marco". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]