Servio Sulpicio Galba, xeneral
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 191 a. C. Terracina |
| Morte | c. 130 a. C. valor descoñecido |
| Pretor | |
| 151 a. C. – 151 a. C. | |
| Gobernador romano | |
| 151 a. C. – 150 a. C. | |
| Cónsul romano | |
| 144 a. C. – 144 a. C. Xunto con: Lúcio Aurélio Cota (pt) | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |
| Período | República Romana Tardía |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército romano |
| Rango militar | Tribuno militar |
| Familia | |
| Familia | Sulpicii Galbae (en) |
| Cónxuxe | valor descoñecido valor descoñecido |
| Fillos | Gaius Sulpicius Galba, Servius Sulpicius Galba |
| Pais | Servius Sulpicius Galba |
| Descrito pola fonte | Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Servio Sulpicio Galba (én latín, Servius Sulpicius Galba; c. -190. - -135) foi un xeneral e político romano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tribuno militar ás ordes de Paulo Emilio, en -151 foille encomendado o goberno da Hispania Ulterior como pretor, en substitución de Marco Atilio. Para castigar as incursións dos rebeldes lusitanos ás cidades sometidas ao xugo romano, atacounos nos confíns das actuais Andalucía e Estremadura. Os lusitanos causaron a Galba enormes perdas, e tivo que retirarse aos seus cuarteis de inverno.
Ao ano seguinte ideou unha trampa para os atraer: prometeulles terras onde se habían poder establecer para cultivalas e habitalas coas súas familias, efectuando asentamentos baixo a protección de Roma. Acudiron uns 30.000 lusitanos solicitando o cumprimento desta promesa. Galba repartiunos en tres campamentos e esixiulles que entregasen as súas armas en sinal de amizade; entón rodeounos con todo o seu exército e ordenou atacalos; uns 9.000 foron acoitelados e máis de 20.000 prisioneiros foron vendidos como escravos nas Galias (-150). Só uns poucos puideron escapar, pero entre eles estaba Viriato, que anos despois tomaría vinganza desta traizón romana.
En efecto, esta actitude do caudillo romano foi causa do levantamento de Viriato e unha forte reacción na súa contra, patrocinada por Catón e Cetego, cando, ao termo do seu mandato como pretor, volveu a Roma (-149). Instruíuselle un proceso, acusado de pactar ilegalmente, de traizoar o pactado e de reter persoalmente a maior parte do botín. Pero, grazas á súa aristocrática orixe, ao suborno e á súa probada elocuencia, logrou a absolución. Non obstante o tribuno da plebe Lucio Libón conseguiu que se aprobase unha lei que ordenaba o rescate dos lusitanos vendidos por Galba, e pouco despois o Senado romano aprobou a lex Calpurnia, que ía especialmente dirixida contra os gobernadores culpábeis de concusión. En -144 Galba foi escollido cónsul.
| Predecesor: Quinto Fabio Máximo Emiliano e Lucio Hostilio Mancino |
Cónsul da República Romana xunto con Lucio Aurelio Cota 144 a. C. |
Sucesor: Apio Claudio Pulcro e Quinto Cecilio Metelo Macedónico |