Irina Aleksandrovna de Rusia
Irina Aleksandrovna de Rusia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de xullo de 1895 |
Palacio de Peterhof | |
Falecemento | 26 de febreiro de 1970 |
París | |
Soterrada | Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Alexandre Mikhailovich de Rusia |
Nai | Xenia Alexandrovna de Rusia |
Cónxuxe | Félix Yussupov |
Fillos | Irina Yusupova |
Irmáns | Vassili Aleksandrovitch, Rostislav Alexandrovich, Nikita Alexandrovich, Dmitri Alexandrovich, André Alexandrovich e Feodor Alexandrovich da Rússia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Irina Alexandrovna de Rusia (15 de xullo de 1895 - 26 de febreiro de 1970) foi unha princesa rusa, filla do gran duque Alexandre Mikhailovich de Rusia e da gran duquesa Xenia Aleksandrovna de Rusia, e sobriña do tsar Nicolao II de Rusia.
Naceu no palacio de Peterhof e pasou dende a infancia temporadas no sur de Francia. O 22 de febreiro de 1914 casou co príncipe Félix Iussupov, un dos homes das ricos de Rusia. Pasou a lúa de mel en Oriente Medio e Europa, o comezo da Primeira Guerra Mundial colleunos en Alemaña e permaneceron un tempo retidos en Berlín, porén por mor das xestións do embaixador español obtiveron o permiso para regresar a a Rusia. Establecéronse no Palacio Moka e habilitaron unha parte para hospital. O 5 de marzo de 1915 naceu a súa filla, Irina Felixovna Iussupova.
Tanto Félix como Irina eran contrarios á influencia que exercía Rasputín sobre os tsares e Irina estivo ao corrente dos plans que seu home xunto a outros nobres tiñan para facelo desaparecer. Así, Félix, coñecedor do interese que tiña Rasputín en coñecer á súa dona convidouno o 16 de decembro de 1916 ao seu palacio, aínda que Irina estaba en Crimea. Esa noite Rasputín morría e o tsar exiliou a Iussupov a unha das súas posesións máis remotas, Rakitnoe na provincia de Kursk. Irina acompañou ao seu marido. Despois da Revolución Rusa Irina, Félix e a súa filla estableceron a súa residencia en Ai Todor, en Crimea. O 7 de abril de 1919 saíron de Rusia no navío, o HMS Marlborough que enviara Xurxo V do Reino Unido para levar ao exilio á emperatriz viúva e o resto dos Romanov superviventes.
En 1920 Irina estableceuse co seu home en Boulogne-Billancourt, un suburbio de París. En 1934 Irina gañou un xuízo contra a Metro-Goldwyn-Mayer por presentala no filme Rasputin and the Empress (1928) como a amante de Rasputín.