Militza de Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Militza de Montenegro
Princesa de Montenegro e Gran Duquesa de Rusia
Milica Nikolajevna.jpg
A Gran Duquesa Militza

Nome completo Militza Petrović-Njegoš
Nacemento 14 de xullo de 1866
Cetinje, Montenegro
Falecemento 5 de setembro de 1951
Alexandría, Exipto
Cónxuxe/s Pedro Nikolaevich de Rusia
Descendencia Véxa Matrimonio e descendencia
Casa real Romanov Por matrimonio
Petrović-Njegoš
Proxenitores Nicolao I de Montenegro
Milena Vukotić

Militza Petrović-Njegoš, tamén coñecida como Gran Duquesa Militza de Montenegro, nada en Cetinje, Montenegro o 14 de xullo de 1866 e finada en Alexandría, Exipto o 5 de setembro de 1951, foi unha princesa de Montenegro. Era a terceira filla do rei Nicolao I de Montenegro e da súa consorte, a raíña Milena Vukotić.

Militza era a esposa do Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia, irmán máis novo do Gran Duque Nicolao Nikolaevich que, máis tarde, se casou coa súa irmá, a Princesa Anastasia de Montenegro.

Militza e Anastasia[editar | editar a fonte]

Tanto Militza como a súa irmá Anastasia foron dúas figuras sociais moi influentes na corte rusa da cal recibiron o alcume de "o perfil negro" e estaban moi interesadas no ocultismo. Hai quen di que foron elas que introduciron o charlatán francés Nizier Anthelme Philippe (quen dicía conseguir dar un herdeiro á Emperatriz Alexandra Feodorovna)[1] e, máis tarde, trala súa morte, ao monxe Grigori Rasputín, na corte rusa.[2]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

O día 26 de xullo de 1889, casou co Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia neto do tsar Nicolao I de Rusia. A parella tivo catro fillos:

  • Mariña Petrovna de Rusia (1892-1981)
  • Romano Petrovich de Rusia (1896-1978)
  • Nadia Petrovna de Rusia (1898-1988)
  • Sofía Petrovna da Rusia (1898-1898)

Exilio[editar | editar a fonte]

Trala Revolución Rusa de 1917, Militza, xunto a súa familia, irmá e cuñado, refuxiáronse, xunto a outros membros da familia Romanov, en Crimea. Escaparon de Rusia a bordo do navío de guerra enviado polo rei Xurxo V do Reino Unido para retirar membros da familia do país.

Tanto ela como o seu marido pasaron gran parte do seu exilio no sur de Francia. O seu marido morreu en 1931 e ela anos máis tarde, o día 5 de setembro de 1951, mentres estaba en Alexandría, Exipto.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Radzinsky, Edvard. Rasputin: The Last Word. London, Weidenfeld & Nicholson, 2000, pp. 59-67.
  2. Radzinsky (2000), p. 57.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Radzinsky, Edvard (2000). Rasputin: The Last Word. St Leonards, New South Wales, Australia: Allen & Unwin. ISBN 1-86508-529-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]