Anastasia de Montenegro
Anastasia de Montenegro | |
---|---|
Princesa de Montenegro e Gran Duquesa de Rusia | |
![]() | |
A Gran Duquesa Anastasia | |
Nome completo | Anastasia Petrović-Njegoš |
Nacemento | 4 de xuño de 1868 Cetinje, Montenegro |
Falecemento | 25 de novembro de 1935 Antibes, Francia |
Cónxuxe/s | Nicolao Nikolaevich |
Descendencia | Véxa Primeiro matrimonio |
Casa real | Romanov Por matrimonio Petrović-Njegoš |
Proxenitores | Nicolao I de Montenegro Milena Vukotić |
Na rede | |
![]() | |
Anastasia Petrović-Njegoš, tamén coñecida como Anastasia de Montenegro, nada en Cetinje, Montenegro, o 4 de xuño de 1868 e finada en Antibes, Francia, o 25 de novembro de 1935, foi unha princesa montenegrina da Casa de Petrović-Njegoš.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anastasia naceu en Cetinje en 1868, como a filla do príncipe soberano de Montenegro, Nicolao I, e Milena Vukotić. En 1910 o seu pai converteuse no primeiro e único rei de Montenegro e ela tomou o título de SAR a princesa Stana Petrović-Njegoš de Montenegro.
Anastasia foi enviada coa súa irmá máis vella, Militza, ao Instituto Smolny en San Petersburgo.
Primeiro matrimonio[editar | editar a fonte]
O 28 de agosto de 1889, no palacio Peterhof, casou co príncipe Xurxo Maximilianovich de Leuchtenberg, membro dunha casa francesa establecida en Rusia e vinculada coa Familia Imperial. Xurxo, quen despois da morte do seu pai converteuse en 6.º Duque de Leuchtenberg, era viúvo e tiña un fillo. A parella tivo dous fillos antes de divorciarse en San Petersburgo o 15 de novembro de 1906.[1]
- Serxio Gueorguievich, 8.º duque de Leuchtenberg (1890-1974).
- Princesa Helena Gueorguievna Romanovskaia (1892-1971).
Segundo matrimonio[editar | editar a fonte]
O 29 de abril de 1907, á idade de 39 anos, Anastasia casou co Gran Duque Nicolao Nikolaevich (1856-1929). O matrimonio non tivo fillos. Os seus dous maridos eran netos do tsar Nicolao I de Rusia (1796-1855): o primeiro a través dunha liña mixta, e o segundo a través dunha liña masculina directa.
Ao casar converteuse en concuñada da súa irmá Militza, quen estaba casada co Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia.
Tanto Anastasia, como o seu segundo marido Nicolao eran cristiáns ortodoxos profundamente relixiosos, cunha tendencia ao misticismo. Dado que os montenegrinos eran ferozmente eslavos, xente anti-turcos dos Balcáns, Anastasia reforzou as tendencias ao paneslavismo de Nicolao.
Anastasia e a súa irmá estaban intrigadas polo lado máis místico da relixión ortodoxa oriental, foron as primeiras en apoiar o vidente francés "Dr." Philippe Vachot e a Grigori Rasputín, e presentárono á súa vez á emperatriz Alexandra Feodorovna Romanova, a última tsarina de Rusia.[2][3]
Últimos anos[editar | editar a fonte]
En marzo de 1917, o último tsar foi derrocado e a familia Romanov foi apartada do poder polos bolxeviques. Anastasia e o seu marido viviron desde 1917 até 1919, primeiro no Cáucaso, a continuación, na península de Crimea. De Ialta en Crimea, Anastasia e o seu marido fuxiron de Rusia en 1919 a bordo dun buque de guerra británico HMS Marlborough. Asentáronse brevemente en Italia, vivindo coa súa irmá Helena, raíña de Italia e máis tarde en Francia, pasando os invernos na Riviera. Morreu en Cap d'Antibes o 15 de novembro de 1935, despois de sobrevivir ao seu marido por seis anos.
Devanceiros[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lundy, Darryl The peerage
- ↑ Rasputin: The Saint Who Sinned
- ↑ The Memoirs of Count Witte
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anastasia de Montenegro ![]() |