Gran Premio de Suecia
Gran Premio de Suecia | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Anos disputados | 14 (6 oficiais) |
Primeira disputa | 1933 (1973 oficial) |
Última disputa | 1978 |
Localización | Anderstorp, ![]() |
Patrocinador principal | |
Lonxitude | 282´170 km en 70 voltas |
Marca de volta | 1:24.836 (1978, Niki Lauda, Brabham) |
Piloto récord | ![]() ![]() |
Escudería récord | ![]() |
Poles récord | ![]() |
Vista do Circuíto | |
O Gran Premio de Suecia (en sueco: Sveriges Grand Prix) foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1973 a 1978. Levouse a cabo no Scandinavian Raceway (Circuíto de Escandinavia) en Anderstorp (Municipio Gislaved), a uns 30 km de Jönköping, en Småland, Suecia. A década de 1930 tivo dúas carreiras de gran premio, o Gran Premio de Suecia de verán e unha carreira sobre xeo, o Gran Premio de Suecia de inverno, similar ás carreiras celebradas en Estonia , Finlandia e Noruega.
Na década de 1960 houbo carreiras de Fórmula 2 chamadas Gran Premio de Suecia.
Historia[editar | editar a fonte]
Antes da guerra[editar | editar a fonte]
As carreiras en Suecia teñen unha longa historia, foi en 1931 que houbo unha carreira titulada Gran Premio. O primeiro Gran Premio de Suecia de Inverno levouse a cabo nun circuíto xigantesco de 46 quilómetros preto do Lago Rämen, cun tempo de volta de aproximadamente de 35 minutos.
En 1933, o primeiro Gran Premio de Suecia de verán levouse a cabo nun circuíto de 30 quilómetros en Norra Vram, unha carreira que pode ser comparada cos modernos grandes premios. A primeira volta, viu unha colisión múltiple con varios pilotos feridos, dous de gravidade, e un mecánico resultou morto. Un dos coches provocou un incendio que se expandiu a unha casa próxima e ruduciuna a cinzas. A carreira continuou, mentres que os servizos de urxencia asistiron ó accidente e a carreira foi gañada finalmente por Antonio Brivio (Alfa Romeo). As carreiras importantes pararonse logo diso.
Carreira de 1973[editar | editar a fonte]
O éxito de Ronnie Peterson co Team Lotus foi o catalizador dun Gran Premio sueco, e a carreira celebrouse por primeira vez en 1973 nun circuíto chamado pomposamente circuíto escandinavo. Peterson non defraudou aos seus fans e acadou a pole na cualificación, no seu Lotus.
Durante 70 voltas, parecía que ía ser un dobrete para o equipo Lotus con Peterson primeiro e o campión do mundo Emerson Fittipaldi segundo. Con todo, ocorreu o desastre, Fittipaldi retirouse por un fallo na caixa de cambios. Mentres tanto, Denny Hulme foi pechando rapidamente a brecha coa cabeza, Peterson tiña problemas importantes co desgaste dos pneumáticos e loitaba por manterse na pista.
Na volta 79 e penúltima volta Hulme foi capaz de pasar ó heroe local e arrebatarlle a vitoria, a decisión do neozelandés de montar pneumáticos duros no seu McLaren -Cosworth deu resultado. Peterson foi o segundo. Iso foi o máis cerca que calquera sueco chegou a estar de gañar na súa terra natal.
Vale a pena sinalar que durante a tempada de 1973 , o motor Cosworth DFV V8 acadou á vitoria en todas as carreiras da tempada un total de 15, un suceso que nunca máis se repetiría.
Carreira de 1974[editar | editar a fonte]
En 1974 o Gran Premio de Suecia foi totalmente dominado polos dous 'Tyrrell- Cosworth 007 de Jody Scheckter e Patrick Depailler. Foi o francés o que logrou a pole por diante do seu compañeiro de equipo, con todo Scheckter gañoulle por 0´380 segundos na carreira.
Foi o primeiro surafricano en gañar un Gran Premio.
Carreira de 1975[editar | editar a fonte]
Niki Lauda a miúdo refírese a 1975 como "o ano incrible".
No seu segundo ano co Caballino Rampante o equipo proporcionaralle un Ferrari 312T un coche que era tecnicamente moi superior a calquera da competencia. Gañou o seu primeiro título mundial con cinco vitorias e unha ampla marxe sobre o segundo no campionato.
En Anderstorp logrou a súa terceira vitoria consecutiva da tempada logo da de Mónaco e Bélxica.
A pole position foi para Vittorio Brambilla no seu March, Lauda clasificouse quinto e o seu compañeiro de equipo Clay Regazzoni 11. Na carreira Brambilla tomou a iniciativa, pero na volta 16 foi alcanzado polo Brabham de Carlos Reutemann. Mentres tanto, Lauda foi un progresando constantemente na pista e na volta 42 era segundo. Fixo unha serie de voltas rápidas, acercousese o Reutemann e superouno para gañar o Gran Premio por 6 segundos. Reutemann terminou segundo con Regazzoni terceiro no segundo Ferrari 312T.
Carreira de 1976[editar | editar a fonte]
O GP de Suecia de 1976 rexistrou a primeira (e única) vitoria dun coche de seis rodas o Tyrrell P34. A teoría era que as súas catro pequenas rodas dianteiras aumentarían o agarre dianteiro - con máis goma na estrada - e así eliminar o subviraxe, mentres que ao mesmo tempo melloraba nas curvas e no freado.
Cando apareceron foron a sensación da tempada 1976. O coche era unha oportunidade para tomar fotos das rodas - as seis, eran precisamente a razón - e deron a Elf máis publicidade gratuíta na pretempada de 1976 da que tivo durante todo o 1974 e 1975.
O Tyrrell de Jody Scheckter logrou a pole, con Patrick Depailler no cuarto posto. Na carreira os Tyrrell lograron unha esmagadora vitoria 1º e 2º. O surafricano, que máis tarde confesou que pensaba que o concepto das seis rodas era ridículo, estaba radiante no podio.
Con todo, o fácil triunfo en Sueci demostrou ser un golpe de sorte, e o P34 nunca gañou outra carreira de novo.
Carreira de 1977[editar | editar a fonte]
En Anderstorp, Jacques Laffite no seu Gitanes patrocinador de Ligier-Matra logrou á vitoria no Gran Premio de Suecia de 1977. Francia púxose de novo no mapa: era a primeira vez que un coche francés cun motor francés, apoiado por unha empresa francesa, e conducido por un piloto francés gañaba un Gran Premio.
Carreira de 1978[editar | editar a fonte]

En 1978 o GP de Suecia desenvolveuse sen incidentes, foi o coche gañador o que creou o seu propio lugar na historia ao gañar a carreira.
O responsable deste contundente golpe foi a intelixente idea de Gordon Murray de Brabham, quen estaba tratando de eclipsar a invención de Colin Chapman do efecto de chan no Lotus 79, o coche rozou a primeira fila, desde o seu debut en Zolder. Murray incorporou na parte traseira do Brabham BT46B un enorme ventilador que aumentaba o fluxo de aire por baixo do automóbil e, polo efecto Bernoulli, incrementaba a adherencia á pista. O único problema é que os dispositivos aerodinámicos móbiles estaban prohibidos pola FIA. Gordon Murray alegou que era un "ventilador de enfriamento".
A súa legalidade foi protestada antes, pero se lle permitiu correr, Niki Lauda e John Watson cualificaron 2º e 3º detrás do Lotus 79 de Mario Andretti. Andretti finalmente retirouse debido a unha válvula rota, o que permitiu a Lauda tomar a dianteira. Lauda gañou por 34´6 segundos. O coche do ventilador foi máis tarde retirado voluntariamente por Brabham, e nunca correu de novo. O coche, con todo, foi considerado legal, permitindo a vitoria, con todo, costoulle a Arrows as súas posibilidades de vitoria na tempada do seu debut.
Desaparición[editar | editar a fonte]
Non houbo ningún Gran Premio de Suecia despois de 1978. As mortes en 1978 dos dous pilotos suecos Ronnie Peterson e Gunnar Nilsson contribuíu á desaparición desta carreira do campionato do mundo, así como o interese da Fórmula Un en Suecia.
Os gañadores do Gran Premio de Suecia[editar | editar a fonte]
As carreiras que non formaban parte do Campionato Mundial de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa. Nota: as carreiras antes de 1967 chámase oficialmente Gran Premio de Suecia de verán.
Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|
1978 | ![]() |
Brabham-Alfa Romeo | Anderstorp | Resultados |
1977 | ![]() |
Ligier-Matra | Anderstorp | Resultados |
1976 | ![]() |
Tyrrell-Ford | Anderstorp | Resultados |
1975 | ![]() |
Ferrari | Anderstorp | Resultados |
1974 | ![]() |
Tyrrell-Ford | Anderstorp | Resultados |
1973 | ![]() |
McLaren-Ford | Anderstorp | Resultados |
1972 - 1968 |
Non celebrado | |||
1967 | ![]() |
Matra-Cosworth | Karlskoga | Resultados |
1966 - 1950 |
Non celebrado | |||
1949 | ![]() |
Maserati | Skarpnäck | Report |
1948 - 1934 |
Non celebrado | |||
1933 | ![]() |
Alfa Romeo | Norra Vram | Resultados |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suecia |