Concello de Gislaved
| Concello de Gislaved | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Gislaved é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é a área urbana de Gislaved. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 28 936 habitantes.[2]
As partes norte e suroccidental do concello son montañosas, mentres que as sur e a suroriental son relativamente chas. O val do Nissan está caracterizaso por grandes depósitos glaciares que forman eskeres e terrazas. Na parte norte do val os bloques de xeo morto desprendidos formaron unha serie de lagos. Cara o sur serpentean o Nissan e o seu confluente Anderstorpsån a través de depósitos de area e creáronse varios lagos de ferradura. Grandes partes do concello están cubertas de bosque, principalmente de coníferas.
A industria manufactureira é moi importante para a actividade económica do concello, con máis do 40 por cento dos seus traballadores empregados neste sector. As industrias líderes son as de plásticos, caucho e metal. Durante a segunda guerra mundial establecéronse moitas empresas novas en Gislaved especializadas en produtos de plástico duro. Dende entón a industria do plástico expandiuse significativamente.
O concello forma parte da rexión GGVV, máis coñecida como Gnosjöregionen.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coas parroquias de Anderstorp, Bolmsö (parte dela), Bosebo, Burseryd, Båraryd, Gryteryd, Kållerstad, Norra Hestra, Reftele, Sandvik, Stengårdshult, Södra Hestra, Valdshult, Villstad, Våthult, Ås e Öreryd. Coa reforma municipal de 1862 fundáronse nelas concellos rurais co mesmo nome.
No concello rural de Båraryd estableceuse o 6 de maio de 1904 a localidade municipal de Gislaved, o 22 de setembro de 1939 estableceuse a de Gyllenfors no municipio rural de Anderstorp, e o 4 de xuño de 1943 a localidade municipal de Anderstorp. En 1949 fundouse o köping de Gislaved tras a reorganización do concello rural de Båraryd e da localidade municipal de Gyllenfors, ao mesmo tempo que se disolveron as localidades municipais de Gislaved e Gyllenfors.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Burseryd (a partir dos municipios rurais de Burseryd, Gryteryd, Sandvik e Södra Hestra), Reftele (a partir de Kållerstad, Reftele e Ås), Södra Mo (a partir de Norra Hestra, Norra Unnaryd, Stengårdshult, Valdshult e Öreryd), e Unnaryd (de Bolmsö, Jälluntofta e Södra Unnaryd). Os concellos rurais de Bosebo e Våthult incluíronse no köping de Gislaved, mentres que o municipio rural de Villstad e o köping de Anderstorp permaneceron sen cambios.
En 1953 o concello rural de Anderstorps reorganizouse no köping de Anderstorp, ao mesmo tempo que se disolvía a localidade municipal do mesmo nome Anderstorp.
O concello de Gislaved fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Gislaved, á vez que se formaba o concello de Anderstorp a partir do köping do mesmo nome. En 1974 ampliouse o municipio de Gislaved cos concellos de Anderstorp, Burseryd, Reftele, Södra Mo e Villstad, así como cunha parte do concello de Unnaryd (fastlandsdelen av Bolmsö, omfattande en areal av 29,3 kvadratkilometer, varav 21,2 km² land, och med 163 invånare). así como parte do municipio de Unnaryd.[3]
O concello pertenceu dende a súa fundación ata o 26 de setembro de 2005 ao partido xudicial de Värnamo, e posteriormente pasou a formar parte do partido xudicial de Jönköping.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Nas proximidades do lago Bolmen, no sueste do concello, atopáronse gran cantidade de restos da Idade de pedra ata a Idade de Ferro. Debido e eses achados a área de Finnvedens Folkland, entre Gislaved e o concello de Värnamo, foi declarada zona de interese nacional para a conservación do patrimonio cultural.[5][6]
A antiga ruta comercial que unía Jönköping e Halmstad, e coñecida como Nissastigen porque segue o curso do río Nisse, atravesa o concello e foi moi importante para o seu desenvolvemento.[5] No século XVII, durante as guerras entre Suecia e Dinamarca, as tropas dinamarquesas usaban o Nissastigen para atravesar a zona.[5]
No século XVI establecéronse no concello os primeiros gästgivargårdar, establecementos regulados para viaxeros onde se ofrecía comida e aloxamento, así como a posibilidade de cambiar de cabalos. No século XIX chegou a haber 10 pousadas deste tipo en Gislaved ao longo das dúas principais estradas.[5] A importancia que tiveron estes establecementos no concello pode verse reflectida no su escudo, onde aparece o símbolo co que se representaban nos vellos mapas suecos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-20.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-23.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Värnamo tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 16 de setembro de 2022.
- 1 2 3 4 Kjellström, Jessica. "Historia". www.gislaved.se (en sueco). Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Blixth, Annika. "Finnvedens Folkland". www.gislaved.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-30.
