Marcos Teira
Aparencia
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Marcos Román Teira Fernández, nado na Pobra do Caramiñal en 1967, é un guitarrista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten tocado con Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño, Leilía, e Uxía. Gravou varios discos de música folk, rock, jazz e flamenco, sendo este último a súa mellor forma de expresión. Punta de Cabio é o seu primeiro traballo discográfico como solista. Foi membro do grupo compostelán Psicofónica de Conxo e comparte Marful co proxecto Narf.
En 2019 foi galardoado co Premio Martín Códax da Música na categoría Músicas do mundo, polo seu proxecto NÓs.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019.