Immersion
Aparencia
Immersion | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Guadi Galego | ||||
Publicado | 25 de outubro de 2019 | |||
Selo(s) | Altafonte Music | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Immersion é o quinto álbum de estudio da cantante galega Guadi Galego. Saíu á venda o 25 de outubro de 2019 baixo o selo de Altafonte Music. Foi editado en CD, vinilo e formato dixital.
Immersion é un traballo de revisión de once temas de tres dos seus discos anteriores en solitario, máis un inédito, cantados en sete linguas peninsulares diferentes: galego, castelán, asturiano, éuscaro, catalán, portugués e aranés.[1] Xa o vídeo da versión orixinal en galego de Recoñecéndome incluíra a lingua de sinais española [2]
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Immersion" (en galego con Álex Ínsua) | 3:03 |
2. | "Fronteres" (en catalán con Judit Neddermann e Clara Peya) | 3:26 |
3. | "Privilegio" (en castelán con Vega) | 2:37 |
4. | "Cedeira" (en galego con Iván Ferreiro) | 4:06 |
5. | "Cantar pa ver" (en asturiano con Silvia Quesada e Alfredo González) | 3:54 |
6. | "Vas entà naut" (en aranés con Alidé Sans e Javier Otero) | 3:03 |
7. | "Balada de verán" (en galego con Lisandro Aristimuño e Germán Díaz) | 2:41 |
8. | "Tribua" (en éuscaro con Mikel Urdangarin e Javier Otero) | 2:30 |
9. | "Reconociéndome" (en castelán con Andrés Suárez Otero) | 2:46 |
10. | "Matriarcas, brilhantes ativistas" (en portugués con Ana Bacalhau e Abe Rábade) | 3:43 |
11. | "En silencio, con respecto" (en galego con Sisters in the house) | 2:45 |
12. | "Sen remordementos" (en galego con Xabier Díaz) | 3:02 |
Galardóns
[editar | editar a fonte]En novembro de 2019, o disco foi galardoado co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado, un recoñecemento concedido polos territorios de España con lingua propia.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dopico, Montse (8 de novembro de 2019). "Guadi Galego presenta ‘Immersión’: un disco de “catarse emocional” para situar as linguas peninsulares “á altura dos afectos”". Praza.gal. Consultado o 16 de novembro de 2019.
- ↑ Recoñecéndome, de Guadi Galego en GuadiGalegoVEVO
- ↑ "Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español". Sermos Galiza. 21 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2019.