Saltar ao contido

Pedro Pascual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Pascual
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónacordeonista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoAcordeón Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPablo Pascual Editar o valor en Wikidata
Talabarte no Dolmen de Dombate o 7 de xuño de 2015. Pedro Pascual, á dereita.

Pedro Pascual é un músico galego, e profesor de acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín[1] e no Centro de Música Fingoi, en Lugo.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou desde moi novo o seu contacto coa música galega, descubrindo posteriormente o jazz, o tango e outras músicas do mundo. Ademais de tocar en Marful, está directamente ligado a proxectos como Nuke Trío (con Germán Díaz) ou Talabarte (con Kin García e Quim Farinha de Berrogüetto).[1]

Ten colaborado con notábeis artistas do panorama das músicas de raíz como Leilía, Uxía, María Salgado, ou Xosé Manuel Budiño. Tamén traballou con músicos como Jacky Molard, Soïg Sibéril, Wafir e Sebastián Rubio, Värtina, Alasdair Fraser, Javier Bergia, Kepa Junkera, Jaime Muñoz ou Tony McManus.

Ten tocado en espazos musicais de todo o Estado Español e noutros países como Francia, Bélxica, Portugal ou Canadá.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Pedro Pascual". folque.com. Consultado o 14 de outubro de 2021. 
  2. "Aula de Música Tradicional Galega". Centro de Música Fingoi. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2021.