Ollos de auga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ollos de auga
Illa de Toralla, onde aparece morto o saxofonista Lois Reigosa.
Autor/aDomingo Villar
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 233
Xénero(s)Novela negra
Editorialeditorial Galaxia
Data de pub.2006
Formatorústica
Páxinas248
ISBNISBN 978-84-8288-927-6
Seguido porA praia dos afogados
editar datos en Wikidata ]

Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.

Quedamos abraiados pola crueza do asasinato, polo humor presente en cada páxina, pola ironía dos diálogos... que fan a lectura divertida.
Estro Montaña, no Faro de Vigo.

Argumento[editar | editar a fonte]

A trama desenvólvese en Vigo. Leo Caldas é un inspector da policía nacional, e traballa xunto co axente zaragozano Rafael Estévez.

Os acontecementos da novela xiran o redor da investigación dun asasinato. Un 12 de maio o saxofonista Lois Reigosa aparece morto no seu dúplex da illa de Toralla, logo de que lle inxectasen formol no pene. As pistas levan aos policías a sospeitar de Dimas Zuriaga, un afamado doutor propietario da fundación Zuriaga, que conta cun hospital situado no monte do Castro. Á fundación Zuriaga proporcionáballe o formol unha empresa chamada Riofarma, da cal, Isidro Freire era o encargado desa sección.

Durante a investigación descobren que o finado era gai e acoden ao Idílico, un pub de ambiente homosexual situado no Areal. Alí falan co picadiscos, un coñecido seu, chamado Orestes Rial. Quedan con el para se entrevistaren pero aparece morto no seu apartamento cunha bala na cabeza. Nel atopan un computador con fotos de Zuriaga con Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con mostrar as fotos.

Malia que as investigacións apuntaban a que o principal sospeitoso era Zuriaga, trala súa detención Caldas dáse de conta de que había algo que non encaixaba.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Leo Caldas: Inspector da policía. É fillo dun recoñecido empresario vinícola, do que herdou o gusto polo viño e en xeral pola boa gastronomía. Colabora, ademais, no programa radiofónico chamado Patrulla nas ondas, na emisora Onda Vigo.
  • Rafael Estévez: Axudante de Leo. De carácter impulsivo e agresivo. Non se dá adaptado ao carácter galego.
  • Comisario Soto.
  • Lois Reigosa: Saxofonista asasinado.
  • Dimas Zuriaga: Doutor e filántropo.
  • Mercedes: Muller de Dimas Zuriaga.
  • Isidro Freire: traballador dunha empresa química do Porriño.
  • Diana Alonso Zuriaga: Sobriña do doutor, traballa no seu hospital.
  • Clara Barcia: Médica forense da UICD.
  • Guzmán Barrio: Médico forense.
  • Ramón Ríos: Antigo amigo da escola de Leo Caldas e que traballa en Riofarma.
  • Carme: Traballadora de Riofarma do departamento do formol.
  • Iria Ledo: Música que formaba parte do grupo de jazz de Lois Reigosa. Tocaba o piano.
  • Arthur O´neal: Músico que formaba parte do grupo de jazz de Lois Reigosa. Tocaba o contrabaixo.
  • Orestes Rial: Amigo de Reigosa que participaba no chantaxe a Dimas Zuriaga.
  • Pai de Leo Caldas: Encargado da súa propia adega.
  • Santiago Losada: Presentador do programa Patrulla nas Ondas.
  • Rebeca: Axudante de Santiago Losada
  • Pipo: Can de Isidro Freire que sempre vai ós pés de Rafael Estévez.

Traducións[editar | editar a fonte]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Así mesmo, no ano 2007 estábase a preparar unha adaptación cinematográfica, con dirección de Jorge Coira e guión de Carlos Portela[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Edición en castelán". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 22 de decembro de 2008. 
  2. Edición en inglés
  3. Edición en alemán
  4. Ficha Arquivado 29 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  5. Ficha Arquivado 29 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  6. "Adaptación de 'Ojos de agua', la novela policíaca de Domingo Villar" Blog de Cine, 20/4/2007 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]