Marful (grupo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Concerto de Marful

Marful é un grupo de música galega composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa música lembra os salóns de bailes con balcóns das décadas de 1930 e 1940, inspirada neles e na introdución das primeiras jazz-band en Galiza e na súa fusión coa música folk. Combinan ritmos bailábeis americanos e europeos, como tangos, habaneras ou foxtrot, con letras actuais de corte social.

O grupo ten actuado en París, Cataluña e Portugal ademais de Galiza.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Marful (Ediciones Efímeras, 2006)
  • Manual de sedución (2010)[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Souto: “Marful representa a banda imposible”" Arquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine., artigo de Alberto Ramos en Xornal de Galicia, 15 de setembro de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]