Festival de la Luz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°01′54″N 8°08′23″O / 43.03160, -8.13985

Festival de la Luz
Festival de la Luz Boimorto.jpg
Escenario do Festival en Boimorto, 2012.
Localización Andavao, Boimorto
Anos 2012–presente
Nº edicións 7
Fundadores Luz Casal
Data Un fin de semana, a finais de setembro
Xénero Pop, Rock, Folk
Organizador Luz Casal
Concello de Boimorto
Web oficial festivaldelaluz.es

O Festival de la Luz é un evento musical de carácter solidario e festivo, organizado por iniciativa de Luz Casal e coa colaboración do seu concello natal, Boimorto. O encontro celébrase na parroquia de Andavao a finais do verán (mediados e finais de setembro) nunha contorna natural da Galiza interior, e ten unha duración de dous días. A recadación íntegra dóase para actividades sociais.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes do festival están nunha vella idea de Luz Casal: organizar en Boimorto unha festa de música no agro, un tempo adicado a homenaxear a Galiza rural e para toda a familia. Ademais de fomentar a Galiza interior e os seus produtos e xentes, a premisa fundamental é o seu sentido benéfico, para recadar fondos destinados para unha causa solidaria en Galicia. É un festival aberto a calquera clase de música e cun xeito de romaría máis que dun festival sen máis.[1][2]

A primeira edición foi a finais do setembro de 2012, a idea tivo boa acollida e foi apoiada polo concello de Boimorto e os seus veciños que colaboraron de xeito desinteresado na organización e cederon leiras para o festival. Alí xuntáronse máis de cinco mil persoas aínda que só houbo un dos dous días da festa programada. O domingo tiveron que ser suspendidas tódalas actuacións pola ameaza de temporal[3].

Ao longo destes anos foron moitas as empresas patrocinadoras como Estrella Galicia, R, Novagalicia banco, Gadis, Mans-Paidea, CRTVG, SGAE e o Concello de Boimorto entre outras entidades.

Edicións[editar | editar a fonte]

Primeira edición: 2012[editar | editar a fonte]

Na primeira edición os fondos recadados foron para a Asociación Española Contra el Cáncer. Diante duns 5.500 [4]asistentes actuaron os seguintes grupos e artistas:

Segunda edición: 2013[editar | editar a fonte]

Na segunda edición diante dun público de 8.500 persoas actuaron entre outros os seguintes grupos e artistas:

Terceira edición: 2014[editar | editar a fonte]

A terceira edición foi o 13 e 14 de setembro de 2014. Nesta edición a recadación de 62.400 euros foi para a Asociación Española de Enfermedades Neuromusculares.[6][7]

Cuarta edición: 2015[editar | editar a fonte]

Nesta edición celebrouse durante os días 12 e 13 de setembro, recadando fondos para Médicos sen Fronteiras. Actuaron entre outros grupos e artistas: [8][9]

Quinta edición: 2016[editar | editar a fonte]

Os días 9, 10 e 11 de setembro tivo lugar coa novidade da instalación dunha carpa dedicada ao cine onde se proxectaron filmes adicados a música. Este ano o beneficiario foi Oxfam Intermón Galicia, destinándose ás súas accións na crise dos refuxiados en Siria, Jordania e Líbano. [10][11]

Sexta edición: 2017[editar | editar a fonte]

Festexado nos días 8, 9 e 10 de setembro, coa actuación de máis de corenta 40 grupos musicais que nesta ocasión recadaron 114.000 euros que foron doados para o Grupo de Oncoloxía Médica Transnacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, denominado Oncomet, para avanzar na investigación da biopsia líquida.[12][13]

Sétima edición: 2018[editar | editar a fonte]

Os días 7, 8 e 9 de setembro celebrouse a sétima edición do festival. Debido ao aumento na cifra total dos fondos recadados no evento, a achega solidaria do Festival da Luz 2018 destinouse a dous proxectos: a loita contra os lumes en Galicia e a construción e equipamento de salas de rehabilitación na residencia e centro de día para persoas maiores do Concello de Boimorto. Déronse cita máis de corenta e cinco artistas.[14]

Oitava edición: 2019[editar | editar a fonte]

A oitava edición celebrouse durante os días 6, 7 e 8 de setembro.[15]

Novena edición 2020[editar | editar a fonte]

Na edición de 2020, aínda que estaba previsto realizalo nos días 11, 12 e 13 de setembro,[16] recurtáronse os días de actuación, por mor da COVID-19, e só houbo un día de actuación o 12 de setembro,[17] no que se chamou "Edición Leiras" e, nesa ocasión, as doazóns serán destinadas a Cruz Vermella española.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Festival de la Luz 2014 ocioengalicia.com
  2. Festival da Luz 2017, na CRTVG o 13 de setembro de 2017.
  3. Noguerol, N. La Voz de Galicia, ed. "El Festival de la Luz tendrá una segunda edición en Boimorto". Xornal. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  4. festivaldelaluz.es (ed.). "EDICIÓN 2012". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  5. Luz Casal muestra su rostro más solidario. La Voz de Galicia
  6. Juan José Llano Alday. "FESTIVAL de LA LUZ en BOIMORTO". Consultado o 2018-12-15. 
  7. El Festival de la Luz entrega 62.400 euros a los enfermos neuromusculares. La Opinion A Coruña
  8. "Boimorto moviliza este fin de semana a cien voluntarios para el Festival de la Luz". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-09-12. Consultado o 2018-12-13. 
  9. https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/acordes-gallegos-en-la-despedida-del-festival-de-la-luz/idEdicion-2015-09-14/idNoticia-952526/
  10. Atlántico. "El Festival de la Luz sigue fiel a su vocación solidaria". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-12-13. 
  11. Atlántico. "Hombres G y Aute, en el quinto Festival de la Luz". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-12-13. 
  12. "O Festival da Luz ilumina Boimorto". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-09-09. Consultado o 2018-12-15. 
  13. El Festival da Luz dona 114.000 euros a Oncomet y anuncia a Love of Lesbian, El Correo Gallego, 21 de febreiro de 2018 (en castelán).
  14. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/09/08/cuarenta-artistas-dan-cita-fin-semana-festival-luz/0003_201809G8P34991.htm
  15. "Festival de la Luz 2019". fanmusicfest.com (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  16. "Presentación del Festival de la Luz 2020". Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  17. "Festival de la Luz 2020". dodmagazine.es (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  18. "Festival de la Luz. Edición Leiras". festivaldelaluz.es/. Consultado o 27 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]