Dover (banda)
| Dover | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Composto por
| |||
|
Selo discográfico
| |||
| Obra | |||
|
Discografía
| |||
| Datas | |||
|
Inicio de actividade
| |||
|
Data de fundación
| |||
| Localización | |||
|
Lugar de formación
| |||
|
País de orixe
| |||
| Premios | |||
|
Premios
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||
Dover foi un grupo español de rock alternativo, fundado en Madrid en 1992. As súas letras estaban escritas principalmente en inglés. O grupo, que se disolveu en 2016[1], estaba formado polas irmás Cristina (vocalista) e Amparo Llanos (guitarrista principal), o batería Jesús Antúnez e o baixista Samuel Titos. Publicaron oito discos que superaron os dous millóns de copias vendidas. Quizais o máis destacado é o seu segundo álbum, Devil Came to Me, que lles deu fama internacional.
O seu sexto álbum, Follow the city lights, provocou polémica entre as e os seus seguidores, pois o estilo do grupo pasou do rock alternativo ao pop electrónico. A banda tamén gañou, entre outros, os premios a grupo revelación nos Premios Ondas de 1997[2] e mellor artista español nos Premios MTV Europa de 2000.[3]
Membros
[editar | editar a fonte]Última formación
[editar | editar a fonte]- Cristina Llanos – cantante e guitarrista (1992-2016)
- Amparo Llanos – guitarrista (1992-2016)
- Jesús Antúnez – batería (1992-2016)
- Samuel Titos – baixista (2005-2016)
Membros anteriores
[editar | editar a fonte]- Álvaro Díez – baixista (desde 1992 a 1995 e desde 1997 até 2005)
- Álvaro Gómez – baixista (dende 1995 até 1997)
- Daniel Palacios – guitarrista (finais dos 90)
- Jordi Bacás – Batería
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Sister (1995)
- Devil Came to Me (1997)
- Late at Night (1999)
- I Was Dead for 7 Weeks in the City of Angels (2001)
- The Flame (2003)
- Follow the City Lights (2006)
- I Ka Kené (2010)
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- 2 (2007)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso, Sebas E. (26 de novembro de 2016). "Amparo Llanos confirma la separación de Dover". jenesaispop.com (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2021.
- ↑ "Premios Ondas 1997". premiosondas.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2021.
- ↑ EFE (17 de novembro de 2000). "Madonna, Eminen, y el grupo español Dover triunfan en los premios MTV". elpais.com (en castelán). El País. Consultado o 3 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dover |