Fito & Fitipaldis
Fito & Fitipaldis | |
---|---|
Actuación en Puerto del Rosario, Fuerteventura. | |
Orixe | Bilbao, Biscaia, España |
Período | 1998–presente |
Xénero(s) | Rock & Roll Rock |
Selo(s) discográfico(s) | DRO |
Membros | Fito Cabrales Carlos Raya Javier Alzola José "El niño" Bruno Candy Caramelo Joserra Semperena |
Na rede | |
www.fitoyfitipaldis.com | |
Fito & Fitipaldis é un grupo musical bilbaíno creado en 1998 por Fito Cabrales coa intención de publicar cancións que non eran do estilo da súa outra banda, Platero y tú. O seu tipo de música é moi variado, vai desde o Rock and roll pasando polo blues, o soul, o swing e moitos máis. As súas letras adoitan falar de historias persoais.
Membros
[editar | editar a fonte]Está formado por Fito Cabrales (voz principal, guitarra eléctrica e acústica), Carlos Raya (guitarra eléctrica, slide e pedal steel), Javier Alzola (saxofón), José "El niño" Bruno (batería), Candy Caramelo (baixo e coros) e Joserra Semperena (Hammond e piano).
Historia
[editar | editar a fonte]O 11 de setembro de 2006 viu a luz o seu quinto disco, titulado Por la boca vive el pez. Este traballo conseguiu ser número 1 na lista de vendas de AFYVE (Disco de Platino, con máis de 100.000 copias vendidas, en menos de dúas semanas). Ademais, Fito & Fitipaldis converteuse na primeira banda da historia en colocar toda a súa discografía de estudo entre os 100 discos máis vendidos en España.[1] Por la boca vive el pez recibiu un disco de platino polas máis de 240.000 copias distribuídas.[2]
En outubro de 2007 o grupo recibe un Disco de Diamante por vender máis dun millón de discos.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]- A puerta cerrada (1998)
- Los sueños locos (2001)
- Lo más lejos a tu lado (2003)
- Vivo... para contarlo (2004)
- Por la boca vive el pez (2006)
- Dos son multitud (2008) (Directo xunto a Andrés Calamaro)
- Antes de que cuente diez (2009)
- Huyendo conmigo de mí (2014)