Treixadura (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Treixadura
Treixadura en directo
OrixeRedondela, Galicia Galiza
Período1990–actualidade
Xénero(s)Folk , Música galega
MembrosAntón López
César Longa
Pablo Nogueira
Magoia Bodega
Xaquín Xesteira
Antigos membrosAntón Cabaleiro Millares
Na rede
https://treixadura.gal/
Facebook: treixaduragalicia Twitter: treixadura Instagram: treixaduragalicia Spotify: 5O6EN1doFsZ3dAIjjJGH0c Discogs: 7480847 Allmusic: mn0003265726 Deezer: 123190 Editar o valor em Wikidata

Treixadura é grupo de música galega creado en Redondela en 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A andaina da agrupación comezou en xullo de 1990 cos gaiteiros Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez como membros orixinais. Ó ano seguinte súmaselles Ramón Vázquez, "O Chilro", e comezan a desenvolver un estilo propio que ten como eixo fundamental a música, os ritmos, as cantigas e os instrumentos tradicionais galegos.

O 30 de xuño de 1992 dan o seu primeiro concerto no muíño vello de Redondela e comezan a realizar actuacións por toda a xeografía galega e tamén no resto do estado. En 1995, Paulo Nogueira substitúe a Xabier Martínez, e en 1996 publícase o seu primeiro álbum chamado Obrigado. En 1998, Ramón Vázquez abandona o grupo e César Longa entra como acordeonista. En 1999 presenta o seu segundo disco Unha noite no muíño e no 2000 fai unha colaboración con Rodrigo Romaní en Albeida, primeiro disco do que fora membro de Milladoiro e acompáñano na súa xira de presentación.

O seu terceiro traballo discográfico foi presentado no 2003 baixo o título de Unha noite non é nada, sendo tamén o xermolo do Orfeón Treixadura. Entre os anos 2004 e 2005, Treixadura formou parte do espectáculo Son de Aquí, xuntos con outras agrupacións como Leilía, Tanxarina e Quico Cadaval. Tamén no 2005 participa con Donicelas no seu traballo Que nunca foi abalada e xa no 2006 bota a andar o álbum Unha semaniña enteira, no que o Orfeón Treixadura participou de cheo.

No 2008, Xan López deixa o grupo e é substituído por Magoia Bodega, quedando así o grupo constituído polos cinco membros cos que conta na actualidade. Este mesmo ano, o grupo participa na Festa Marítima Internacional de Brest, considerado o maior evento de cultura marítima do mundo.

No 2010 participa nun traballo colectivo de música galega titulado Cantigas do camiño, e no 2011 o orfeón queda definitivamente encadrado dentro da agrupación. Nese mesmo ano publican o seu último disco titulado Esa si que é muiñada.

En 2015, polo seu 25 aniversario publican o disco Vendima Tarda o cal foi gravado en directo no Teatro García Barbón en Vigo xunto co coro Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.

En 2018 o grupo publica o álbum Inda canto!, que presenta por unha xira arredor de todo o país chegando a máis de 30 cidades, vilas e aldeas, cunha grande acollida por parte do público e das críticas.

No ano 2020, o grupo fixo 30 anos sobre os escenarios, entre as celebracións tiña prevista a edición dun novo disco: Camiño longo, recompilando a súa andaina profesional. Porén, a pandemia de COVID-19 fixo que a presentación do traballo se adiase até o ano 2022.[1]

Membros[editar | editar a fonte]

César Longa, compoñente do grupo

Membros actuais[editar | editar a fonte]

  • Antón López "Toniño": Tambor (membro fundador)
  • César Longa: Acordeón
  • Paulo Nogueira: Gaita
  • Magoia Bodega: Gaita e bombo.
  • Xaquín Xesteira: Gaita (membro fundador)
    • Orfeón Treixadura (10 voces masculinas): Alberte Raposo (Tenor), Toño D. Fontenla (Tenor), Xurxo Raposo (Barítono), Pablo Rei (Barítono), Quico Obelleiro (Barítono), Álvaro Lamas (Baixo), Gustavo Cuntín (Baixo) e Moncho Marín (Baixo), Anxo Xesteira e Roi Xesteira.

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Bailadores nun concerto en Pontevedra no ano 2012

Álbums[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Treixadura celebra os seus 30 anos co libro-disco 'Camiño Longo'". Praza Pública. 2022-05-28. Consultado o 2022-05-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]