Euxenio Charlón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Euxenio Charlón
Nacemento14 de novembro de 1887
 Santa Cecilia de Trasancos
Falecemento4 de agosto de 1930
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Euxenio Charlón Arias, nado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) o 14 de novembro de 1887 e finado en Ferrol o 4 de agosto de 1930, foi un dramaturgo e actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mal de moitos, Ferrol, 1915.

Con catorce anos ingresou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, e entre os anos 1901 e 1906 compaxinou os estudos de Aritmética, Xeometría e Debuxo co traballo de ebanista. Casou en 1911 con Teresa Viñas coa que tivo seis fillos.

Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do coro Toxos e Froles, e foi un dos primeiros impulsores do teatro en galego. Gran amigo do seu compañeiro de estudos e profesión, Manuel Sánchez Hermida, así os define Ricardo Carballo Calero:

Foron dous artistas de Ferrol que disfrutaron un tempo de grande popularidade. Socios entusiastas do laureado coro local Toxos e Froles, compuxeron pasos e sainetes que podían sempre ser interpretados por dous actores soamente. Eles mesmos daban a coñecer así as súas pezas.[1]

Xuntos compuxeron Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate e O que non sabe mañas (O Menciñeiro).[a] Ademais, Charlón escribiu en solitario a comedia Carmela e o sainete Tumbos de feira, así como letras para cancións das corais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O que non sabe mañas e O Menciñeiro son dous títulos da mesma obra. Levou o nome de O que non sabe mañas na primeira representación e O Menciñeiro a partir da segunda.
Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]