Manuel Sánchez Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Sánchez Hermida
Nacemento1888
 Ferrol
Falecemento1940
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Manuel Sánchez Hermida, nado en Ferrol en 1888 e finado na mesma cidade en 1940, foi un dramaturgo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ebanista e estudou Debuxo e Xeometría na Escola de Artes e Oficios de Ferrol con Eugenio Charlón. Formouse con Charlón na Escola Dramática Galega fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1903. Compuxo con el sainetes satíricos e pezas teatrais, normalmente escritos para ser interpretados por eles mesmos. Varias das súas obras son coñecidas como “parrafeos”. Utilizaron un galego coloquial e festivo, pero non exento de cultismos. Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do coro Toxos e Froles.

Obras[editar | editar a fonte]

Como obras más destacadas figuran: Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate, O Menciñeiro, Miña terra, O vello paroleiro e O que non sabe mañas, estreadas entre os anos 1915 e 1925.

Permanecen inéditas Calquera entende este enredo, Nocturno periodístico, Polo pan baila o can e !Ai se mandáramos nós.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]