Saltar ao contido

Codex Euricianus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Codex Euricianus
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
476 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05h1mb Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Codex Euricianus ou Código de Eurico foi un código de leis promulgadas polo rei visigodo Eurico cara ao 476 ou 483[1] en Tolosa ou ben en Arles é a colección existente máis antiga de leis escritas dunha poboación bárbara.

Realizouse para que servise de norma aos visigodos e regulase ás súas relacións con Roma. A obra de compilación foi obra de León de Narbona, un xurisconsulto romano e conselleiro do rei quen no seu contido, no que incluíu 350 cláusulas, está constituído non só por material xurídico xermánico senón que se reelaboran con apartados do dereito romano.

O códice Euriciano non só serviu de base para as codificacións posteriores dos reis visigodos, senón que tamén influíu na lei das liñaxes francas, burgundias, alamanas e bávaras, desempeñando un papel importante como mediador entre a lei vulgar romana e o mundo xermánico da Alta Idade Media.

  1. "Romanization". britannica.com (en inglés). Consultado o 2-1-2020.