María Dolores Villanueva Gesteira, máis coñecida como Malores Villanueva, nada na Xesteira (Almofrei, Cerdedo-Cotobade) o 26 de xuño de 1982, é unha profesora e escritora galega.
Entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia e impartiu docencia na licenciatura e grao de Filoloxía Galega (USC) entre 2009 e 2011. Tamén foi Professora d'Estudis Gallecs (lectora da Xunta de Galicia) na Universidade de Barcelona[3]. En xullo de 2017 aprobou as oposicións de secundaria en Lingua Galega e Literatura[4] e comezou a impartir docencia no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo e logo en 2019 con destino definitivo no IES Álvaro Cunqueiro da mesma cidade.[5]
Antes de aprobar as oposicións foi Directora de edición e comunicación da Editorial Galaxia[6] e desde 2018 editora externa.
Colaborou en publicacións coma Grial, Revista Sarmiento, A Trabe de Ouro, Revista Murguía, Boletín da Real Academia Galega, Fronterad-Revista dixital, Tempos Novos, Estudos de Lingüística Galega, Informe de Literatura ou Madrygal. Revista de estudios gallegos.[11] Algúns son críticas literarias, pero moitos outros teñen que ver coa situación lingüística durante o franquismo, os discursos, o galeguismo nese momento crucial. Tamén con artigos semanais en La Voz de Galicia.
A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (2010), Deputación de Pontevedra. Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais.
Anton Fraguas. Mestre da memoria (2019). Editorial Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-310-0.
Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia (2022). Vigo: Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-9151-966-9.[17]
En obras colectivas:
Malores Villanueva no Premio Illa NovaMil e un Cunqueiros: novas olladas para un centenario : do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 (2014),coord. por Manuel Forcadela, Teresa López, Dolores Vilavedra Fernández, "Álvaro Cunqueiro na órbita de Galaxia: a recuperación do escritor", páxs. 263-279 e "Álvaro Cunqueiro no seo do galeguismo", páxs. 283-294.
↑Villanueva, Malores (Xaneiro-xuño, 2020). "Pensar e crear Galaxia. Os inicios dunha empresa curtural que fai 70 anos". Grial. LVIII (225, 226): 24–31. ISSN0017-4181.