Almofrei, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°26′05″N 08°32′57″O / 42.43472, -8.54917

Almofrei
Almofrei.jpg
Igrexa de San Lourenzo de Almofrei.
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Área2,5 km²
Poboación246 hab. (2019)
Densidade98,4 hab./km²
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, de estilo barroco, está no lugar da Arrotea. Ten planta de cruz latina, e na fachada está San Lourenzo nun fornelo cunha grella na man, baixo as dúas campás e unha espadana. No adro hai tres cruceiros. Tamén conta cun cemiterio.

Ponte de Almofrei[editar | editar a fonte]

Sobre o río Almofrei hai unha ponte do século XVI, construída en cantería foi apoiada sobre as propias pedras do río cun arco oxival de 7,70 metros de luz e máis de 10 de altura sobre o leito, era parte do camiño entre Almofrei e Mirón. Pola ponte cruza unha calzada empedrada, posiblemente de orixe romana[2] e que enlaza coa parroquia de Tourón, xa no limítrofe concello de Ponte Caldelas.

A finais do ano 2017, a importante deterioración que presentaba a ponte debido ao paso do tempo motivou que se executasen sobre el —co fin de garantir a súa estabilidade e a seguridade do seu uso— diferentes obras de rehabilitación, acondicionamento e consolidación.

Muíño[editar | editar a fonte]

Xunto á ponte, a escasos metros río arriba, destaca a presenza dun antigo muíño de maquía: o coñecido como muíño dá Ponte, o número 54 contando desde o seu nacemento e, case con toda probabilidade, o máis interesante de todos eles. A existencia de vivenda na planta superior e a disposición dos seus catro rodicios en dúas alturas diferentes fan del un muíño único na comarca[3]. É de titularidade pública[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Almofrei[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Almofrei no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Os Agriños | A Arrotea | As Cachopeiras | A Costa do Outeiro | A Fontenova | A Grosa | Outeiro Redondo | A Pombeira | A Xesteira

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Saéz Taboada, Benito (2002). "Aportaciones al trazado de la Vía XIX del itinerario de Antonino a su paso por Galicia". Revista Idus: 3. ISSN 1133-4525. 
  3. "Ponte Almofrei". Galicia Máxica. Consultado o 09/03/2021. 
  4. "Ponte Almofre -Arquitectura e Patrimonio Cultural del Municipio de Cotobade" (PDF). OBIUT, Obradoiro de Ideas Urbanas e Territoriais. Consultado o 09/03/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]