Bandeira de Bután

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Bután
Bandeira de Bután
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1960
Cores     Amarelo     Laranxa     Branco

A bandeira de Bután (en dzongkha: ཧྥ་རན་ས་ཀྱི་དར་ཆ་, trans.: hpha-ran-sa-kyi dar-cho) con pequenas variacións, veuse usando desde o século XIX, alcanzando a súa forma actual en 1960.

Deseño[editar | editar a fonte]

Está dividida diagonalmente desde a esquina inferior ao lado da hasta, á esquina superior do exterior da bandeira, formando dous triángulos. O superior é de cor amarela, sendo de cor laranxa o inferior. Centrado ao longo da liña divisoria hai un dragón de cor branca mirando cara ao exterior da bandeira.

O dragón representado na bandeira, Druk ou Dragón do Trono, representa o nome de Bután en tibetano, que é "A terra do dragón" (Druk Yul). O dragón sostén xoias nas súas garras, que representan a abundancia. A cor amarela representa á monarquía secular, mentres que o laranxa representa á relixión budista. Esta é unha das poucas bandeiras que usa a cor laranxa de maneira prominente, e a única bandeira nacional xunto á de Gales que contén un dragón.

Esquema Amarelo Laranxa Branco
CMYK 0.15.94.0 0.60.100.0 0.0.0.0
Pantone 116 165 -
HTML #FFCC33 #FF4E12 #FFFFFF

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]