Lingua árabe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: jv:Basa Arab
4bot (conversa | contribucións)
m dobra
Liña 105: Liña 105:
Consoantes enfáticas: {{IPA|[ ̴]}} úsase aquí para indicar velarización e farinxealización. Nalgúns sistemas de trasncripción, a énfase indícase poñendo a letra en maíuscula, por exemplo, [{{IPA|d̴}}] escríbese [D]; noutros casos sublíñase a letra [d] ou pónselle un punto debaixo.
Consoantes enfáticas: {{IPA|[ ̴]}} úsase aquí para indicar velarización e farinxealización. Nalgúns sistemas de trasncripción, a énfase indícase poñendo a letra en maíuscula, por exemplo, [{{IPA|d̴}}] escríbese [D]; noutros casos sublíñase a letra [d] ou pónselle un punto debaixo.


Consoantes longas. Tanto as vogais como as consoantes poden ser, fonoloxicamente, longas ou curtas. As consoantes longas escríbense dobladas na transliteración no noso alfabeto, marcando a presenza da marca diacrítica arábiga denominada ''shaddah''. Estas consoantes pronúnciase durante o dobre de tempo que unha consoante normal. Exemplos: ''qabala'' (recibiu) e ''qabbala'' (bicou).
Consoantes longas. Tanto as vogais como as consoantes poden ser, fonoloxicamente, longas ou curtas. As consoantes longas escríbense dobradas na transliteración no noso alfabeto, marcando a presenza da marca diacrítica arábiga denominada ''shaddah''. Estas consoantes pronúnciase durante o dobre de tempo que unha consoante normal. Exemplos: ''qabala'' (recibiu) e ''qabbala'' (bicou).


Forma das sílabas: o árabe ten dous tipos de sílaba: sílabas abertas (CV) ou (CVV) e sílabas pechadas (CVC), (CVVC) ou (CVCC). Toda sílaba comeza cunha consoante (se non, únese coa última consoante da sílaba anterior. )
Forma das sílabas: o árabe ten dous tipos de sílaba: sílabas abertas (CV) ou (CVV) e sílabas pechadas (CVC), (CVVC) ou (CVCC). Toda sílaba comeza cunha consoante (se non, únese coa última consoante da sílaba anterior. )

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2007 ás 20:54

Árabe
العربية
Pronuncia:/alˌʕa.raˈbij.ja/
Falado en: Arxelia, Bahrein, Exipto, Iraq, Kuwait, Líbano, Libia, Mauritania, Marrocos, Omán, Qatar, Arabia Saudita, Sudán, Siria, Tunisia, Xordania, Emiratos Árabes Unidos, Palestina (Cisxordania e Gaza), Sahara Occidental e Iemen pola maioría, e noutros países, como Israel, como lingua minoritaria; é tamén a lingua litúrxica do Islam.
Total de falantes: 206 millóns (Ethnologue, falantes nativos de todos os dialectos, est. 1998); 286 millóns (poboación de países árabes, est. CIA World Factbook 2004), excluíndo minorías árabes noutros países e falantes bilingües.
Posición: 5
Familia: Afroasiática
 Semítica central
  Semítica occidental
   Árabe
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Arxelia, Bahrein, Comores, Chad, Dxibouti, Exipto, Eritrea, Iemen, Iraq, Israel, Kuwait, Líbano, Libia, Mauritania, Marrocos, Omán, Palestina, Qatar, Sahara Occidental, Arabia Saudita, Somalia, Sudán, Siria, Tunisia, Emirados Árabes Unidos, xordania;
Lingua nacional de: Malí, Senegal.
Organismos internacionais: Nacións Unidas, Liga Árabe, Organización da Conferencia Islámica, Unión Africana
Regulado por: Exipto: Academia da Lingua Árabe
Códigos de lingua
ISO 639-1: ar
ISO 639-2: ara
ISO 639-3: ara
SIL: ABV
Mapa

Distribución dos países con lingua oficial somente árabe (Verde), e daqueles en que o árabe é unha das oficiais (Azul).
Status

Árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi) é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do Islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da misma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estandar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit, etc.

Dialectos

A principal división dialectal está entre os dialectos do Magreb (Marrocos, Alxeria, Libia, Tunisia e Exipto) e os do Oriente Medio, ademáis dos dialectos beduínos, moito máis conservadores. Xeralmente, os dialectos do Oriente Medio son mutuamente intelixibles, pero estes falantes adoitan ter problemas para entender as variantes do Magreb.

Os principais dialectos, entón, son:

Menos estendidos son:

  • Árabe hassaniya. Mauritania e Sáhara occidental.
  • Árabe de Al-Andalus.
  • Árabe maltés.
  • Árabe do Sudán.
  • Árabe Hijazi. Inclúe a costa occidental de Arabia Saudita.
  • Árabe Najdi. Zona central de Arabia Saudita.
  • Árabe do Iemen.

Gramática

Fonoloxía

Os fonemas consonánticos indicados abaixo reflicten a pronunciación do árabe estándar, que soamente ten tres vogais, que poden ser longas ou cortas, /i, a, u/ e /ii, aa, uu/. Naturalmente, hai moitos casos de alofonía.

Fonemas consonánticos do árabe
  Bilabial Inter-
dental
Dental Enfático-
dental
(Alveo)
palatal
Velar Uvular Farin-
xeal
Glotal
Oclusivas Xordas     t   k q   ʔ
Sonoras b   d ¹        
Fricativas Xordas f θ s ʃ x   ħ h
Sonoras   ð z ð̴   ɣ   ʕ  
Nasais m   n            
Laterais                
Róticas     r            
Semivogais w       j        
  1. [dʒ] é unha [g] (dura) para algúns falantes, isto é, unha oclusiva. Isto é especialmente característico dos dialectos exipcios e iemeníes. En moitas partes do norte de África e no levante, pronúnciase

[ʒ] (isto é, una fricativa, como a /j/ do francés, non unha africada).

  1. [l] convírtese (de forma alofónica) [l̴] só en /ʔal̴ :aːh/, o nome de Deus, é dicir, Alá.

Consoantes enfáticas: [ ̴] úsase aquí para indicar velarización e farinxealización. Nalgúns sistemas de trasncripción, a énfase indícase poñendo a letra en maíuscula, por exemplo, [] escríbese [D]; noutros casos sublíñase a letra [d] ou pónselle un punto debaixo.

Consoantes longas. Tanto as vogais como as consoantes poden ser, fonoloxicamente, longas ou curtas. As consoantes longas escríbense dobradas na transliteración no noso alfabeto, marcando a presenza da marca diacrítica arábiga denominada shaddah. Estas consoantes pronúnciase durante o dobre de tempo que unha consoante normal. Exemplos: qabala (recibiu) e qabbala (bicou).

Forma das sílabas: o árabe ten dous tipos de sílaba: sílabas abertas (CV) ou (CVV) e sílabas pechadas (CVC), (CVVC) ou (CVCC). Toda sílaba comeza cunha consoante (se non, únese coa última consoante da sílaba anterior. )

Acento: non cambia o significado en árabe, pero leva consigo unha gran relación respecto á lonxitude das vogais e á forma da sílaba. Pronunciar correctamente o acento axuda a ser comprendido mellor. En xeral, as sílabas "pesadas" atraen o acento (isto é, sílabas pechadas ou cunha vogal longa).

  • Nunha palabra cunha sílaba que ten una vogal longa, esta vogal atrae o acento (exemplos: ki-´taab e ´kaa-tib).
  • Nunha palabra con dúas vogais longas, a segunda é tónica (ex: ma-kaa-´tiib).
  • Nunha palabra cunha sílaba "pesada" (que teña ou ben dúas consonantes xuntas ou unha consoante dobre), ela (se hai varias, a última) é a tónica. (é dicir: ya-ma-´niyy, ka-´tabt, ka-´tab-na, ma-´jal-lah, ´mad-ra-sah, yur-´sil-na) Esta última regra supera ás dúas primeiras.
  • Se non hai ningún destes casos, o acento vai na primeira sílaba

Alfabeto

(Ver Alfabeto árabe para máis detalles)

O alfabeto árabe derívase do alfabeto arameo, co que mantén unha certa semellanza. Escríbese de dereita a esquerda. Tradicionalmente, houbo diferencias entre o alfabeto do oeste (do Magreb) e o do Leste. O alfabeto occidental distinguíase polas seguintes características:

  • A fa tiña un punto debaixo e a qaf un enriba.
  • A orde das letras era diferente.

Sen embargo, o alfabeto occidental deixou de ser usado excepto para propósitos caligráficos.

Enlaces

Linguas semíticas
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † |
Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico