Conversa usuario:4bot

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, 4bot!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 19:52, 1 novembro 2007 (UTC)

Erros de ortografía[editar a fonte]

Ola 4bot, quizais te interesen estas dúas páxinas: Wikipedia:Erros de ortografía e Wikipedia:Erros de ortografía revisados, seguramente seranche útiles. O teu bot fai moi bos cambios, porén desfixen dous deles (os dous en Castelao), xa que pertencen a citas textuais, tal e como el as escribiu. Hai que ter coidado coas citas, xa que tamén as hai en castelán, e o bot pode pasar a traducir unha palabra ó galego nun texto castelán. Mais o traballo do bot está a ser moi bo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:19, 2 novembro 2007 (UTC)

San Amaro[editar a fonte]

Segundo o nomenclátor da Xunta que é o que se segue nestes casos, é San Amaro [1], polo menos o de Ourense, o da provincia da Coruña creo que é igual pero podes comprobalo nesta ligazón: Nomenclátor da Xunta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:09, 4 novembro 2007 (UTC)

  • Tes razón que paga a pena, por iso reviso algúns, para que todo quede perfecto, mais vai un pouco a fume de carozo. Máis que nada vixilo as parroquias, que é o máis conflitivo. Por certo, para que o teu bot sexa aprobado falta que poñas quen é o operador, se é que o tes, e se non crear unha conta de usuario para o operador. Un saúdo, estase a mellorar moito a lingua coas túas aportacións. AlberteSi, digame? 15:35, 4 novembro 2007 (UTC)
  • Onde tes que poñelo é no de peticións de aprobación, aínda que poñelo na páxina do bot non vén mal. Póñelo ti no de peticións de aprobacións? Eu destacharei o voto. AlberteSi, digame? 15:40, 4 novembro 2007 (UTC)
  • Comproba esas substitucións: ás veces a xente escribe "donde" = "de" + "onde". -- Sobreira (parlez) 17:12, 4 novembro 2007 (UTC)
  • Por qué, vai pedíndoche permiso antes de executar? Interesante.... -- Sobreira (parlez) 17:19, 4 novembro 2007 (UTC)
  • Boas de novo. Na túa páxina dis que farás a mudanza se o VOLGA o deixe claro admitindo só outra forma. Mais na de soe, ademais de acostuma, tamén pode pasarse a adoita. Non sei se se pode facer a mudanza elixindo entre unha das dúas, segundo o contexto ou non. AlberteSi, digame? 18:29, 4 novembro 2007 (UTC)
    • OK, pois como dicía un mestre meu: tíralle do aire. O teu bot vai rápido que nindiola. AlberteSi, digame? 18:36, 4 novembro 2007 (UTC)

Solicitude de estatus de bot[editar a fonte]

A solicitude de estatus de bot foi denegada e arquivada en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/Arquivo Lmbuga Commons - Galipedia 18:58, 15 novembro 2007 (UTC)