Limón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Produción e exportacións: engado táboa de maiores exportadores
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 34: Liña 34:
As variedades mais abundantes no mercado son: ''Lisbon'', ''Eureka'', ''Primofiori'' e ''Verna''.
As variedades mais abundantes no mercado son: ''Lisbon'', ''Eureka'', ''Primofiori'' e ''Verna''.


No ano [[2016]], [[España]] era o maior produtor e exportador de [[Europa]], a [[India]] o maior produtor do mundo e [[México]] o maior exportador mundial en número de toneladas, porén España foi o maior exportador mundial en valor monetario (case 820 millóns de [[Dólar estadounidense|dólar]]es)<ref name=produción>{{cita web |url=http://www.fao.org/faostat/en/#rankings/countries_by_commodity |editor=[[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]] |título=Top 10 Country Production of Lemons and limes |dataacceso=5 de outubro de 2018 |lingua=en}}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.fao.org/faostat/en/#rankings/countries_by_commodity_exports |editor=[[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]] |título=Top 20 Country, Export quantity of Lemons and limes |dataacceso=5 de outubro de 2018 |lingua=en}}</ref>.
No ano [[2016]], [[España]] era o maior produtor e exportador de [[Europa]], a [[India]] o maior produtor do mundo e [[México]] o maior exportador mundial en número de toneladas, porén España foi o maior exportador mundial en valor monetario (case 820 millóns de [[Dólar estadounidense|dólar]]es)<ref name=produción>{{cita web |url=http://www.fao.org/faostat/en/#rankings/countries_by_commodity |editor=[[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]] |título=Top 10 Country Production of Lemons and limes |dataacceso=5 de outubro de 2018 |lingua=en}}</ref><ref name=exportación>{{cita web |url=http://www.fao.org/faostat/en/#rankings/countries_by_commodity_exports |editor=[[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]] |título=Top 20 Country, Export quantity of Lemons and limes |dataacceso=5 de outubro de 2018 |lingua=en}}</ref>.

<div style="width:100%; margin:auto;">
{|
|
{| border="0" style="background:#eeeeff; border: solid 1px #9999cc;" cellpadding="2"
{| border="0" style="background:#eeeeff; border: solid 1px #9999cc;" cellpadding="2"
|-
|-
! colspan="3" | Produción de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO<ref name=produción/>
! colspan="3" | Principais produtores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO<ref name=produción/>
|-
|-
! País !! Ano [[2016]] !! Ano [[2006]]
! País !! Ano [[2016]] !! Ano [[2006]]
Liña 62: Liña 66:
|-
|-
|}
|}
| &nbsp; &nbsp; &nbsp;
|
{| border="0" style="background:#eeeeff; border: solid 1px #9999cc;" cellpadding="2"
|-
! colspan="3" | Principais exportadores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO<ref name=exportación/>
|-
! País !! Ano [[2016]] !! Ano [[2006]]
|-
| [[México]] || align=right | &nbsp;667&nbsp;572 || align=right | &nbsp;428&nbsp;129
|-
| '''[[España]]''' || align=right | &nbsp;547&nbsp;155 || align=right | &nbsp;491&nbsp;787
|-
| [[Turquía]] || align=right | &nbsp;448&nbsp;781 || align=right | &nbsp;323&nbsp;116
|-
| [[Arxentina]] || align=right | &nbsp;279&nbsp;339 || align=right | &nbsp;314&nbsp;651
|-
| [[Suráfrica]] || align=right | &nbsp;236&nbsp;868 || align=right | &nbsp;133&nbsp;331
|-
| [[Países Baixos]] || align=right | &nbsp;189&nbsp;063 || align=right | &nbsp;83&nbsp;691
|-
| [[Estados Unidos de América|USA]] || align=right | &nbsp;135&nbsp;209 || align=right | &nbsp;103&nbsp;482
|-
| [[Brasil]] || align=right | &nbsp;95&nbsp;748 || align=right | &nbsp;51&nbsp;440
|-
| [[Chile]] || align=right | &nbsp;77&nbsp;310 || align=right | &nbsp;33&nbsp;180
|-
|[[Italia]] || align=right | &nbsp;46&nbsp;563 || align=right | &nbsp;37&nbsp;373
|-
|}
|}
</div>


{{Esta produciónLimóns}}
{{Esta produciónLimóns}}

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2018 ás 19:25

Limón: froito e flor.

O limón[1] é o froito do limoeiro (Citrus limon L.), da familia das Rutáceas. Orixinario do Sueste Asiático e descoñecido para os antigos gregos e romanos, o limoeiro estendeuse pola zona mediterránea introducido polos árabes entre os anos 1000 e 1200. A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de Nabathae sobre agricultura, datando do século III ou IV.

Hai relatos de limoeiros cultivados en Xénova a mediados do século XV, así como referencias á súa existencia nos Azores en 1494.

Séculos máis tarde, os limóns utilizáronse pola mariña británica para combater o escorbuto, xa que proporcionaban unha gran cantidade de vitamina C: o sumo do limón contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico por litro. Actualmente é unha das froitas máis coñecidas e utilizadas no mundo.

As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co suco da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, ben como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca, extráese unha esencia aromática usada en perfumaría e no preparo de licores e xabóns.

Historia

A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu polimorfismo e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de Assam, da rexión indo-birmana ou da China.[2] Estudos de 2016 mostran que naceu no Mediterráneo como un híbrido entre a laranxeira amarga e a cidreira arredor do V milenio a.C.[3]

A árbore do limón foi empregada orixinariamente como planta ornamental en xardíns de pracer na Idade Media, especialmente nos xardíns islámicos.[4] O limón foi introducido gradualmente na dieta medieval, usándose como fondo ácido para gardar vexetais crus igual que o vinagre ou o zume de laranxa. Con todo, é probable que se utilizase tamén como técnica de conservación da carne dende os tempos antigos.[5].

Características

Híbrido cultivado, as árbores son pequenas (non atinxe máis de 6 metros de altura), espinescentes, moi ramificadas, de caule e ramos castaño claros; as follas son alternas, oblóngoelípticas, con puntuacións translúcidas; as inflorescencias son de flores axilares, albas ou violetas, en cacho. Reprodúcese por estacas de gallos, en solo areoso e ben estercado, de preferencia en rexións de clima quente ou temperado. Propágase tamén por sementes, que requiren solo leve e fértil, en lugar soleado e protexido dos ventos.

Frutifica durante todo o ano, en innúmeras variedades, que aínda que muden no tamaño e na textura da casca, que pode ser lisa ou enrugada, canto á cor, varían do verde escuro ao amarelo claro, excepto unha das especies, que se asemella a unha tanxerina.

Fisicamente o limón caracterízase por ser de forma ovalada con picos nos extremos da diagonal superior e ter unha pel de grosor moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). Cando está madura, a pel é de cor marela polo exterior e case branca polo interior.

Limón, froito do limoeiro.
Molécula do ácido cítrico.

Contén ácido cítrico, hesperidina e entre as vitaminas: a vitamina C (ácido ascórbico) -uns 30 mg en 100g-, e as vitaminas A, B1 (tiamina), B2 (riboflavina), B3 (ácido nicotínico), B5 (ácido pantoténico) e B6. Minerais: calcio, cobre, cloro, ferro, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, sodio e xofre.

Utilización

Úsanse as follas, a casca do froito e mais o suco do froito. Aínda que é comestíbel, non é habitual comelo tal como se colle da árbore por ter un sabor moi ácido. Os que teñen cor amarela ou amarelo-esverdeada, cultívanse sobre todo polo sumo, aínda que a polpa e a casca tamén se utilicen en culinaria. Os limóns conteñen unha gran cantidade de ácido cítrico, o que lles confire un gusto ácido.

Os limóns e as limas sérvense regularmente como limoada (sumo de limón natural con auga e azucre), ou como adorno para as bebidas tales como Coca-cola cunha rodela dentro ou na borda do copo.

É moi apreciado en repostería por potenciar o sabor e o seu zume por ser refrescante. Ademais, é amplamente utilizado como desinfectante e desengraxante tanto só como combinado con outros produtos de limpeza.

Produción e exportacións

As variedades mais abundantes no mercado son: Lisbon, Eureka, Primofiori e Verna.

No ano 2016, España era o maior produtor e exportador de Europa, a India o maior produtor do mundo e México o maior exportador mundial en número de toneladas, porén España foi o maior exportador mundial en valor monetario (case 820 millóns de dólares)[6][7].

Principais produtores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO[6]
País Ano 2016 Ano 2006
India 2 978 000 2 159 000
México 2 429 839 1 867 078
China 2 289 576  700 000
Arxentina 1 678 337 1 470 000
Brasil 1 262 353 1 031 292
España  857 754  877 134
Turquía  850 600  710 401
USA  822 000  854 570
Irán  457 270  467 549
Italia  379 282  573 171
     
Principais exportadores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO[7]
País Ano 2016 Ano 2006
México  667 572  428 129
España  547 155  491 787
Turquía  448 781  323 116
Arxentina  279 339  314 651
Suráfrica  236 868  133 331
Países Baixos  189 063  83 691
USA  135 209  103 482
Brasil  95 748  51 440
Chile  77 310  33 180
Italia  46 563  37 373

Modelo:Esta produciónLimóns

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para limón.
  2. Morton, Julia F. (1987). Lemon in Fruits of Warm Climates (en inglés). Purdue University. pp. 160–168. 
  3. Franck Curk, Frédérique Ollitrault, Andres Garcia-Lor, François Luro, Luis Navarro, Patrick Ollitraul (1 de abril de 2016). "Phylogenetic origin of limes and lemons revealed by cytoplasmic and nuclear markers". Annals of Botany (en inglés) 117 (4): 565–583. doi:10.1093/aob/mcw005. .
  4. Marie-Françoise Valéry, Alain Le Toquin (2001). Jardins du Moyen Age (en francés). Dexia. p. 15. 
  5. Bahloul, Joëlle (1983). Le culte de la table dressée (en francés). A.-M. Métailié. p. 131. 
  6. 6,0 6,1 FAO (ed.). "Top 10 Country Production of Lemons and limes" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 FAO (ed.). "Top 20 Country, Export quantity of Lemons and limes" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2018. 

Véxase tamén