Saltar ao contido

Escorbuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escorbuto
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
Enxivas sanguentas.
 Instancia de
 Subclase de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
Fontes e ligazóns
Freebase/m/07016 Editar o valor en Wikidata
MeSHD012614 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC35010 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB13930 Editar o valor en Wikidata
CIE-11708602629 Editar o valor en Wikidata
CIE-10E54 Editar o valor en Wikidata
CIE-9267 Editar o valor en Wikidata
OMIM240400 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000355 Editar o valor en Wikidata
eMedicine125350 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776834697 e C2909345572 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX529929
Wikidata C:Commons

O escorbuto[1] (do latín scorbutus) é unha doenza que ten como primeiros síntomas hemorraxias nas enxivas, tumefacción purulenta das enxivas (inchazón con pus), dores nas articulacións, feridas que non cicatrizan, alén de desestabilización dos dentes. É provocada pola carencia grave de vitamina C na dieta.

Hai máis de douscentos anos, xa se sabía que algúns alimentos eran necesarios para manternos saudábeis. Entendeuse, por exemplo, que os mariñeiros que ficaban moito tempo no mar acababan doentes. Eses homes, que consumían principalmente bolachas e carne de porco salgada, pasaban longos períodos sen inxerir follas ou froitas frescas. Por ese motivo eran atacados polo escorbuto.

Por volta de 1800, descubriuse que ese mal podería ser evitado se se engadían á súa dieta zumes de limón e repolo acedo. Moito máis tarde, verificouse que eses alimentos conteñen gran cantidade de vitamina C e que a inxestión diaria de pequenas doses desa vitamina evita o escorbuto.

O escorbuto pode ocasionar inflamacións na lingua.

A vitamina C é importante para o corpo porque ela é un cofactor da encima prolil-hidroxilase, que fai a hidroxilación do aminoácido prolina nas cadeas alfa de coláxeno. Esa hidroxilación é tan importante porque aumenta o número de conexións de hidróxeno na molécula e dá maior rixidez ó coláxeno, que é a principal proteína estrutural do corpo.

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escorbuto.