Avalon: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos |
|||
Liña 7: | Liña 7: | ||
== Localización == |
== Localización == |
||
A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do [[século XI]] algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en [[Glastonbury]], onde antes de que a zona da chaira de [[Somerset]] fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como |
A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do [[século XI]] algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en [[Glastonbury]], onde antes de que a zona da chaira de [[Somerset]] fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como unha illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval [[Giraldus de Cambrai]], durante o reinado de [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]], o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba ''Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia.'' ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana. |
||
En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación. |
En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación. |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2018 ás 09:43
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Avalon é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.
Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").
Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.
Localización
A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do século XI algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en Glastonbury, onde antes de que a zona da chaira de Somerset fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como unha illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval Giraldus de Cambrai, durante o reinado de Henrique II, o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia. ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei Eduardo I e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana.
En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación.
Algúns estudosos das lendas artúricas situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en Cumberland, xunto á muralla de Hadriano, onde se levantou o forte romano de Aballava, e outros máis cerca de Camboglanna, no que agora se chama Castlesteads.
Tamén hai quen pensa que Avalon e o mundo nórdico de Helheim son o mesmo lugar pero con distinto nome.