Franz Marc: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 17: Liña 17:
A obra máis coñecida de Marc é ''Tierschicksale'' (tamén coñecida como ''Animal Destinies'' ou ''Fate of the Animals''), completada en [[1913]]. Atópase na [[Basel Kunstmuseum]] en [[Basilea]].
A obra máis coñecida de Marc é ''Tierschicksale'' (tamén coñecida como ''Animal Destinies'' ou ''Fate of the Animals''), completada en [[1913]]. Atópase na [[Basel Kunstmuseum]] en [[Basilea]].

En outubro de [[1998]], moitas das obras de Marc chegaron a prezos marca na poxa de arte [[Christie's]] na cidade de [[Londres]] , entre as que se atopaba o seu ''Rote Rehe I'' (''Cervo vermello I''), vendida por 3,30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada por ''Der Wasserfall'' (''A fervenza'') que foi vendida na [[Sotheby's]] de Londres, por 5 millóns de libras.

== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==
Liña 38: Liña 38:
{{Der Blaue Reiter}}
{{Der Blaue Reiter}}

{{ORDENAR:Marc, Franz}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Marc, Franz}}
[[Categoría:Pintores de Alemaña]]
[[Categoría:Pintores de Alemaña]]
[[Categoría:Pintores do século XX]]
[[Categoría:Pintores do século XX]]

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2016 ás 21:49

August Macke. Retrato de Franz Marc. 1910. Neue Nationalgalerie.
The Fate of the Animals, 1913. Exposta no Basel Kunstmuseum na cidade de Basilea.

Franz Marc, nado en Múnic o 8 de febreiro de 1880 e finado na batalla de Verdun o 4 de marzo de 1916, foi un pintor alemán, un dos máis destacados do movemento do Expresionismo.

Traxectoria

En 1900 comezou a estudar na Academia de Belas Artes da súa cidade natal. Entre 1903 e 1907 instalouse en París, onde naceu a súa admiración polo pintor Vincent van Gogh. Alí desenvolveu unha grande amizade co tamén pintor August Macke en 1910. Em 1911 formou o círculo de artistas chamado Der Blaue Reiter xunto con Macke, Wassily Kandinsky e outros artistas que decidiran rachar co movemento do Neue Künstlervereinigung.

Expuxo os seus primeiros traballos na primeira exposición do Der Blaue Reiter na Galería Thannhauser en Múnic entre decembro de 1911 e xaneiro do 1912. A exposición tamén percorreu as cidades de Berlín, Colonia, Hagen, e Frankfurt. En 1912, Marc coñeceu a Robert Delaunay, o que sería a súa segunda grande influencia, polo seu uso da color e por ser o creador do Futurismo.

O seu nome está na lista dos artistas que tiveran que combater na Primeira Guerra Mundial. Franz Marc morreu na Batalla de Verdun mentres montaba a cabalo en 1916.

Estilo e legado

A maior parte das obras de Marc está relacionada co mundo da natureza. O seu traballo caracterizouse polo uso de colores rechamantes e do cubismo nos seus cadros de animais.

A obra máis coñecida de Marc é Tierschicksale (tamén coñecida como Animal Destinies ou Fate of the Animals), completada en 1913. Atópase na Basel Kunstmuseum en Basilea.

En outubro de 1998, moitas das obras de Marc chegaron a prezos marca na poxa de arte Christie's na cidade de Londres , entre as que se atopaba o seu Rote Rehe I (Cervo vermello I), vendida por 3,30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada por Der Wasserfall (A fervenza) que foi vendida na Sotheby's de Londres, por 5 millóns de libras.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas