Lingua norueguesa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 80: | Liña 80: | ||
{{Lingüística en progreso}} |
{{Lingüística en progreso}} |
||
{{ORDENAR:Noruegues}} |
|||
[[Categoría:Lingua norueguesa]] |
[[Categoría:Lingua norueguesa]] |
||
[[Categoría:Linguas de Noruega]] |
Revisión como estaba o 15 de xuño de 2016 ás 08:40
Noruegués norsk | ||
---|---|---|
Falado en: | Noruega | |
Rexións: | Norte, este bokmål oeste nynorsk | |
Total de falantes: | 5 000 000 | |
Posición: | Non está entre os 100 primeiros | |
Familia: | Linguas indoeuropeas Lingua Xermánica Linguas xernánicas do norte Lingua de libro (Bokmål) Novo nórdico (Nynorsk) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Noruega | |
Regulado por: | Bokmål e Nynorsk: Norsk språkråd (Consello Noruego da Lingua) Riksmål: Academia Noruega | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | no (Noruego)
| |
ISO 639-2: | nor (Noruego) | |
SIL: | [1] (noruegués)
| |
Mapa | ||
Status | ||
O noruegués é unha lingua escandinava e oficial na Noruega. É falada por 5 millóns de persoas en Noruega.
Existen, por lei, dúas formas oficiais de noruegués escrito, o bokmål ("lingua de libro") e o nynorsk ("noruegués novo").
Non hai un estándar oficial para o noruegués falado, aínda que o sociolecto das clases media e alta de Noruega Oriental, no cal está baseado fundamentalmente o noruegués bokmål, é a forma que se ensina aos estudantes estranxeiros. Desde o século XVI ata o século XIX, os danés foi a lingua estándar de escritura en Noruega; como resultado, o desenvolvemento do noruegués escrito moderno foi obxecto dunha forte controversia relacionada co nacionalismo, co discurso rural fronte urbano. Historicamente, o bokmål é a forma norueguesizada do danés, mentres que o nynorsk é a forma baseada nos dialectos noruegueses e representa a oposición purista ao danés. Houbo unha política oficial, xa abandonada, de fusionar ambos nun estándar común chamado samnorsk, dándose unha serie de reformas e de variedades de ambos o bokmål e o nynorsk. A forma non oficial riksmål está considerada como máis conservadora do que o bokmål, e a tamén non oficial høgnorsk máis conservadora que o nynorsk.
Os noruegueses edúcanse en ambos o bokmål e o nynorsk. No 2005 un 86.3% afirmaba usar principalmente bokmål como a forma de escritura, un 5.5% bokmål e nynorsk, e un 7.5% basicamente nynorsk. Dun xeito aproximado, pódese dicir que o bokmål e riksmål danse mais nas áreas urbanas e suburbanas, fronte ao nynorsk nas rurais, particularlmente na parte occidental de Noruega. A corporación norueguesa de radiodifusión (NRK) emite tanto en bokmål como en nynorsk, e todas as axencias do goberno deben permitir ambos. O bokmål úsase nun 92% de todas as publicacións.
A modo de exemplo, móstranse algunhas frases onde se aprecian as diferenzas entre bokmål, nynorsk:, riksmål e høgnorsk:
B/R: Jeg kommer fra Norge.(exactamente igual que en danés)
N: Eg kjem frå Noreg.
G: Veño de Noruega.
B/R: Hva heter han?
N/H: Kva heiter han?
G: Como se chama?
B/R: Dette er en hest.
N/H: Dette er ein hest.
G: Ese é un cabalo.
B: Regnbuen har mange farger.
R: Regnbuen har mange farver.
N: Regnbogen har mange fargar.
H: Regnbogen hev mange fargar.
G: O arco da vella ten moitas cores.
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua norueguesa |
Vexa no Galizionario as palabras en Noruegués |
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |