Sociolecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Un sociolecto é unha linguaxe empregada por determinados grupos sociais (estudantado, delicuentes,...). Caracteríxase por funcionar como marca autoidentificadora do propio grupo, ata o punto de poder ser esotérica (empregada para non ser entendida), é dicir, ter finalidade críptica (coincidindo cas xergas).

Distínguense das xergas en que o seu vocabulario é o mesmo có da lingua común, aínda que alterado por procedementos como:

  • a deformación do termo orixinal
  • a atribución de novos significados a significantes existentes (Chocolate, tío, madeiro, tronco),
  • préstamos doutras linguas (birra).

Moitos dos termos acaban por ser coñecidos -e mesmo admitidos- na lingua común, polo que aparece un noco termo para non restaurar a finalidade identificadora ou críptica.