Mejorada del Campo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1984852
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
*[http://www8.madrid.org/gema/goc/084/ Concello de Mejorada del Campo] {{es}}
*[http://www8.madrid.org/gema/goc/084/ Concello de Mejorada del Campo] {{es}}
*[http://www8.madrid.org/gema/goc/084/ Información sobre Mejorada no proxecto GEMA] {{es}}
*[http://www8.madrid.org/gema/goc/084/ Información sobre Mejorada no proxecto GEMA] {{es}}

{{Concellos de Madrid}}


[[Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid]]
[[Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2015 ás 12:42

Catedral de Justo

Mejorada del Campo é un municipio do centro de España, na Comunidade de Madrid, a uns 21 km ó leste de Madrid. Segundo datos do INE, o municipio conta cunha poboación de 22.488 habitantes (2009).

Características

O pequeno termo municipal, de 17,21 km², limita con San Fernando de Henares, Velilla de San Antonio, Rivas-Vaciamadrid e Loeches. Os ríos Jarama e Henares conflúen no seu termo municipal, dando relevancia aos cultivos de horta, sendo famosos na zona os tomates pola súa calidade. Pero gran parte do concello é de secaño e algúns dos cultivos tradicionais foron o cereal e os oliveirais.

As orixes da localidade remóntanse ó paleolítico, aínda que Mejorada del Campo fundouse no século XII, como unha das aldeas de Alcalá de Henares. No século XIII pasou a chamarse Mejorada del Rey, e séculos máis tarde recuperou o topónimo tradicional.

Entre os monumentos máis importantes do municipio cabe destacar a Catedral de Justo, a Capela de San Fausto e a Igrexa do Rosario.

O 27 de novembro de 1983 houbo un accidente aéreo no que morreron 181 persoas. Un Boeing 747 caeu preto do casco urbano e só sobreviviron 11 dos ocupantes.

Véxase tamén

Ligazóns externas