Brandan Wright: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrixo "elexido" por "elixido"
Liña 25: Liña 25:


== Traxectoria profesional ==
== Traxectoria profesional ==
Wright foi elixido na 8ª posición do [[Draft da NBA]] de [[2007]] tras xogar na [[North Carolina Tar Heels|Universidade de Carolina do Norte]]. Foi escollido polos [[Charlotte Bobcats]], e na mesma noite do Draft, foi traspasado aos [[Golden State Warriors]] a cambio do escolta [[Jason Richardson]] e os dereitos do Draft de [[Jermareo Davidson]], quen foi elexido polos Warriors na 36ª posición. Xogou 38 partidos durante a súa tempada coma rookie, seis deles sendo titular. Wright rematou a [[Tempada 2008-09 da NBA|tempada 2008-09]] con 4.0 puntos e 2.6 rebotes por partido, xogando 9.9 minutos.
Wright foi elixido na 8ª posición do [[Draft da NBA]] de [[2007]] tras xogar na [[North Carolina Tar Heels|Universidade de Carolina do Norte]]. Foi escollido polos [[Charlotte Bobcats]], e na mesma noite do Draft, foi traspasado aos [[Golden State Warriors]] a cambio do escolta [[Jason Richardson]] e os dereitos do Draft de [[Jermareo Davidson]], quen foi elixido polos Warriors na 36ª posición. Xogou 38 partidos durante a súa tempada coma rookie, seis deles sendo titular. Wright rematou a [[Tempada 2008-09 da NBA|tempada 2008-09]] con 4.0 puntos e 2.6 rebotes por partido, xogando 9.9 minutos.


O [[14 de outubro]] de [[2009]], os Warriors ampliaron o seu contrato ata o remate da [[Tempada 2010-11 da NBA|tempada 2010-11]].<ref name="Warriors exercise">[http://www.nba.com/2009/news/10/14/warriors.moves.ap/index.html Warriors exercise their options on Wright, Randolph]</ref>
O [[14 de outubro]] de [[2009]], os Warriors ampliaron o seu contrato ata o remate da [[Tempada 2010-11 da NBA|tempada 2010-11]].<ref name="Warriors exercise">[http://www.nba.com/2009/news/10/14/warriors.moves.ap/index.html Warriors exercise their options on Wright, Randolph]</ref>

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2015 ás 00:29

Brandan Wright
Phoenix Suns – No. 32
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 5 de outubro de 1987 (36 anos)
Nashville, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Brentwood Academy
(Brentwood, Tennessee)
Universidade North Carolina (2006–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Charlotte Bobcats
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Golden State Warriors (2007-2011)
New Jersey Nets (2011)
Dallas Mavericks (2011-2014)
Boston Celtics (2014-2015)
Phoenix Suns (2015-presente)
Información en nba.com

Brandan Keith Wright, nado o 5 de outubro de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

Wright foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2007 tras xogar na Universidade de Carolina do Norte. Foi escollido polos Charlotte Bobcats, e na mesma noite do Draft, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do escolta Jason Richardson e os dereitos do Draft de Jermareo Davidson, quen foi elixido polos Warriors na 36ª posición. Xogou 38 partidos durante a súa tempada coma rookie, seis deles sendo titular. Wright rematou a tempada 2008-09 con 4.0 puntos e 2.6 rebotes por partido, xogando 9.9 minutos.

O 14 de outubro de 2009, os Warriors ampliaron o seu contrato ata o remate da tempada 2010-11.[1]

O 23 de febreiro de 2011, Wright foi traspasado aos New Jersey Nets xunto a Dan Gadzuric, a cambio de Troy Murphy e unha elección da segunda rolda do Draft.[2]

O 9 de decembro de 2011 asinou como axente libre, co campión da NBA da tempada anterior, os Dallas Mavericks.[3]

O 18 de decembro de 2014, Wright foi traspasado xunto a Jameer Nelson, Jae Crowder e dúas eleccións dos Drafts de 2015 e 2016, ós Boston Celtics, a cambio de Rajon Rondo e Dwight Powell.[4]

O 9 de xaneiro de 2015, Wright foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2015.[5]

Notas

  1. Warriors exercise their options on Wright, Randolph
  2. "NETS Acquire F Wright and C Gadzuric from Golden State". NBA.com. 2011-02-23. Consultado o 2011-02-24. 
  3. "Mavericks sign Brandan Wright". ESPN. 2011-12-09. 
  4. "Boston Celtics Complete Trade With Dallas Mavericks". NBA.com. 18 de decembro de 2014. Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  5. "Suns Acquire Brandan Wright From Celtics". NBA.com. 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas