Troita: Diferenzas entre revisións
m r2.5.5) (bot Engadido: pnb:ٹراؤٹ |
recat. |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
{{Produtos da pesca comerciais}} |
{{Produtos da pesca comerciais}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Salmónidos]] |
||
[[ang:Sceota]] |
[[ang:Sceota]] |
Revisión como estaba o 15 de agosto de 2011 ás 19:02
Troita | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||
| ||||||||||
Xéneros | ||||||||||
Oncorhynchus Salmo Salvelinus |
A troita é un peixe de forma alongada, pertencente á mesma familia do salmón (Salmonidae). Pode ter até cerca de 100 cm de lonxitude total e pesar até 18'8kg. O dorso ten cor que varía do verde ao castaño, sendo as laterais acinzentadas e a parte inferior abrancazada. Ten pintas escuras nas nadadeiras e no corpo.
É orixinaria do hemisferio norte: Estados Unidos e Canadá e foi, no entanto, introducida en todos os continentes. No Brasil, a súa introdución ocorreu principalmente nos ríos dos planaltos das rexións Sudeste e Sur. Unha característica que fai que a troita non estea máis deseminada é que precisa augas cristalinas, frescas, puras e ben oxixenadas para sobrevivir. Estas características encóntranse principalmente en ríos de montañas.
É unha especie carnívora, alimentándose de insectos e outros peixes.
En Galicia habita de forma natural en todos os ríos, preferindo os cursos altos e medios, xa que están máis osixenados. Debido á pesca abusiva, a contaminación, á extracción de áridos, á eliminación dos bosques das ribeiras dos ríos e á construción de encoros e minicentrais é unha especie en regresión.
Os truticultores opinan que a primeira necesidade para unha crianza eficiente de troitas é a achega abundante de auga de boa calidade, o que significa un fluxo en torno de 1000 m³/día, pH neutro ou lixeiramente alcalino, mais de 20 mg de oxíxeno por litro de agua, unha temperatura inferior a 15°C e a ausencia de cloro e nitratos na agua, entre outros contaminantes).
Galería de imaxes
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Troita |
-
Troitas preparadas para cociñar
Especies
- Troita prateada, extinta por volta de 1950.
- Troita arco-iris