Galactosa: Diferenzas entre revisións
m r2.6.3) (bot Engadido: ro:Galactoză |
m r2.7.1) (bot Engadido: bg:Галактоза |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
[[ar:جالاكتوز]] |
[[ar:جالاكتوز]] |
||
[[bg:Галактоза]] |
|||
[[ca:Galactosa]] |
[[ca:Galactosa]] |
||
[[cs:Galaktosa]] |
[[cs:Galaktosa]] |
Revisión como estaba o 20 de maio de 2011 ás 09:45
A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como aporte enerxético. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.
Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.
Síntese da galactosa
- Artigo principal: Síntese de galactosa.
A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.
A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimiento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.