Draft da NBA: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m bot Engadido: simple:NBA Draft |
||
Liña 426: | Liña 426: | ||
[[pl:NBA Draft]] |
[[pl:NBA Draft]] |
||
[[ru:Драфт НБА]] |
[[ru:Драфт НБА]] |
||
[[simple:NBA Draft]] |
|||
[[sr:НБА драфт]] |
[[sr:НБА драфт]] |
||
[[ta:என்.பி.ஏ. தேர்தல்]] |
[[ta:என்.பி.ஏ. தேர்தல்]] |
Revisión como estaba o 6 de maio de 2010 ás 05:48
O Draft da NBA (en inglés: NBA Draft) corresponde ao procedemento polo cal, a finais do mes de xuño de cada ano, as franquicias que forman parte desta liga de baloncesto estadounidense incorporan aos seus equipos xogadores menores de vinte e tres anos, procedentes das universidades norteamericanas ou das ligas doutros países.
Estrutura
O Draft consta de dúas roldas, a primeira e a segunda rolda. Cada un dos trinta equipos da liga dispón, en principio, dunha elección en cada unha delas. Un equipo pode traspasar futuras roldas do draft durante a competición (ata que finaliza o período de traspasos) e a off-season. A orde de elección establécese de acordo co seguinte procedemento:
- Nas posicións 16-30, sitúanse os equipos clasificados para os playoffs, en orde inverso á súa porcentaxe de vitorias na liga regular recentemente concluída (cantas máis vitorias obtén un equipo, máis baixa é a posición que ocupa).
- Nas catorce primeiras posicións distribúense os equipos non clasificados para playoff. A posición que ocupan establécese mediante un sorteo, no cal teñen máis posibilidades de ocupar as primeiras prazas os equipos que acumulen máis derrotas.
Todos os xogadores seleccionables teñen que declararse previamente "elixibles", salvo aqueles que cumpran os 4 anos de formación universitaria. Doutra banda, calquera xogador que desexe acceder á Liga, tería que xogar durante un ano na liga universitaria norteamericana.
Xogadores elixidos no primeiro lugar do Draft
Notas:
- 1: Olajuwon nacionalizouse estadounidense en 1993.
- 2: Ewing naceu en Xamaica, pero nacionalizouse cando xogaba en Georgetown.
- 3: Robinson non xogou na NBA ata 1989 debido aos seus compromisos coa Armada dos Estados Unidos.
- 4: Duncan é cidadán estadounidense, coma tódolos nativos das Illas Virxes.
Ligazóns Externas
- TheDraftReview.com (en inglés)
- Lista de cada Draft (en inglés)
- Drafts desde 1950 (en castelán)