Bob Lanier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Lanier
Posición Pivote
Dorsal 16
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Nacemento 10 de setembro de 1948
Buffalo, Nova York
Carreira
Universidade St. Bonaventure
NBA Draft 1970 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Detroit Pistons
Tempadas 19701984
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     19 248
Rebotes     9 698
Tapóns     1 100
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

Robert Jerry Lanier, Jr., nado en Buffalo, Nova York, o 10 de setembro de 1948 e finado o 10 de maio de 2022,[1] foi un antigo xogador profesional de baloncesto da NBA que xogou en Detroit Pistons e Milwaukee Bucks. Asistiu ao Instituto Buffalo's Bennett até a súa gradación en 1966, e á Universidade de St. Bonaventure, en Olean, Nova York.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Lanier foi tres veces seleccionado Converse All-America (1968-1970), e en 1970 liderou a Universidade de St. Bonaventure á Final Four da NCAA, con todo, chegou lesionado e non puido disputar o partido de semifinais ante Jacksonville de Artis Gilmore, onde caeron eliminados.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado na primeira posición do Draft de 1970 por Detroit Pistons, sendo nomeado naquela tempada no quinteto dos mellores rookies da campaña. En 1980 foi traspasado a Milwaukee Bucks. En cinco tempadas que estivo no equipo, gañou o campionato de división en cada ano. En 1984 retirouse do baloncesto profesional.

En 14 tempadas na liga, fixo 20,1 puntos e 10,1 rebotes por partido cun respectable 51.4% en tiros de campo. Xogou oito All-Star Game e foi nomeado MVP do partido en 1974. Posteriormente entrou no Basketball Hall of Fame en 1992 e o seu dorsal 16 foi retirado tanto nos Pistons como nos Bucks. Na tempada 1994-95, foi adestrador interino de Golden State Warriors durante 37 partidos substituíndo a Don Nelson, obtendo un 12-25 de marca.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HOFer Lanier, 8-time NBA All-Star, dies at 73". ESPN.com. 11 de maio de 2022. Consultado o 10 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]