Pallacanestro Treviso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Benetton Treviso")
Benetton Basket
Benetton Group logo.svg
Información xeral
Liga Categorías inferiores
Fundación 1954
Historia A.P. Treviso (1954-1991)
Cores           Verde, branco
Presidente Italia Giorgio Buzzavo
Patrocinador Benetton
Vestimenta Macron
Localización
Cidade Italia Treviso, Italia
Pavillón PalaVerde
Capacidade 5.134
Inauguración setembro de 1983
Campionatos
C. Saporta 2 (1995, 1999)
Liga Italia 5 (1992, 1997, 2002, 2003, 2006)
Copa Italia 8 (1993−95, 2000, 2003−05, 2007)
Supercopa 4 (1997, 2001, 2002, 2006)
benettonbasket.it

O Benetton Pallacanestro Treviso é un club de baloncesto italiano con sede na cidade de Treviso. Fundado como Associazione Pallacanestro Treviso en 1954, en 1982 foi adquirido pola empresa Benetton, que fixo un investimento económico que situou ao club á altura dos mellores equipos italianos e europeos durante os anos 1990 e comezos do século XXI, nos que gañou cinco ligas italianas, oito Copas e catro Supercopas de Italia, dúas das antiga Copa Saporta, chegando a disputar en catro ocasións a Final Four da Euroliga. No ano 2012 abandona o baloncesto profesional, adicándose unicamente ás categorías inferiores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1954 e adquirido polo Grupo Benetton en 1982, aínda que mantén Pallacanestro Treviso como o seu nome legal a día de hoxe. Coa gran fortuna económica da familia Benetton apoiando ao equipo, o club xurdiu na década de 1990 como unha forza importante en Italia e en Europa. O primeiro título da liga italiana do club chegou en 1992 co lendario Toni Kukoč no equipo.

Kukoč axudou á Benetton a chegar á final da Euroliga en 1993, ademais de axudar tamén a gañar tres títulos consecutivos da Copa de Italia. O equipo gañou o título da Copa Saporta en 1995 con xogadores como Orlando Woolridge e Petar Naumoski. A Benetton engadiu outro título da liga nacional italiana en 1997, outra aparición na Final Four en 1998, outro título da Copa Saporta en 1999, e o título da Copa de Italia no ano 2000.

Os de Treviso gañaron de novo o campionato da liga italiana e chegaron á Final Four en 2002 e 2003. A Benetton gañou o seu quinto campionato da liga italiana de 2006 e o seu oitavo título de copa en 2007.

Nomes[editar | editar a fonte]

Por mor de motivos de Patrocinio o Pallacanestro Treviso recibiu os seguintes nomes ao longo da historia.

  • Pall. Treviso (1962–63)
  • Liberti Treviso (1979–81)
  • Benetton Treviso (desde 1982)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]