Derrick Coleman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Derrick Coleman
Posición Ala-pivote / Pivote
Dorsal 44
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Nacemento 21 de xuño de 1967 (51 anos)
Alabama Mobile, Alabama
Carreira
Instituto Northern (Detroit, Míchigan)
Universidade Syracuse (1986–1990)
NBA Draft 1990 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por New Jersey Nets
Tempadas 19902004
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     12 884 (16,5 pp)
Rebotes     7 232 (9,3 pp)
Tapóns     1 051 (1,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Derrick D. Coleman, nado o 21 de xuño de 1967 en Mobile, Alabama, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,08 m, xogou como ala-pivote ou pivote nos New Jersey Nets, nos Philadelphia 76ers, nos Charlotte Hornets e nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA). No seu ano de debut na competición foi nomeado Rookie do Ano.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Nado en Alabama, Coleman criouse en Detroit, onde pasou os seus anos de instituto no Northern High School. Tras finalizar,matriculouse na Universidade de Syracuse. Foi un xogador problemático, con comportamento temerario, mais aínda así foi o eixo do seu equipo nas catro temporadas que permaneceu alí. As súas medias foron de 15 puntos e 10,7 rebotes por partido. Na súa honra, a súa camiseta co número 44 foi retirada en marzo de 2006.

Profesional[editar | editar a fonte]

Tras acabar a universidade foi elixido como número 1 do Draft da NBA de 1990 polos New Jersey Nets, sendo merecedor na súa primeira tempada do premio de Rookie do Ano tras facer unha media de 18,4 puntos e 10,3 rebotes por partido. Estes números foinos mellorando ano a ano en New Jersey, cun equipo moi sólido que mesturaba a mocidade do propio Coleman e de xogadores como [[Kenny Anderson, Chris Morris e Mookie Blaylock coa experiencia de Sam Bowie, Chris Dudley, Terry Mills e o croata Dražen Petrović. En 1994 foi elixido, xunto con Anderson, para o All-Star Game, sendo esta a súa única participación na festa do baloncesto NBA.

A súa actitude co novo adestrador e con algún dos seus compañeiros fixo que fose traspasado en 1995 aos Sixers, mais os números de Coleman xa non serían os mesmos. Tras tres tempadas, foi traspasado aos Charlotte Hornets, regresando a Filadelfia tres anos despois. Na temporada 2004-05 fichou polos Detroit Pistons, pero foi cortado tras disputar tan só catro partidos. Isto supuxo o final da súa carreira. Tras quince temporadas na NBA, fixo unha media de 16,5 puntos e 9,3 rebotes por partido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Derrick Coleman NBA Stats". Basketball-Reference (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]