Kent Benson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kent Benson
Posición Pivote
Dorsal 54
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 107 kg (2235 lb)
Nacemento 27 de decembro de 1954 (69 anos)
New Castle, Indiana
Carreira
Universidade Indiana
NBA Draft 1977 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Milwaukee Bucks
Tempadas 19771988
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     6 168
Rebotes     3 881
Tapóns     586
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Michael Kent Benson, nado o 27 de decembro de 1954 en New Castle, Indiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que disputou once tempadas na NBA. Con 2,08 metros de altura, xogaba de pivote. Foi escollido no número un do Draft de 1977 por Milwaukee Bucks.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

A súa etapa universitaria pasouna xogando cos Hoosiers de Indiana, equipo que dirixía o mítico Bobby Knight. Alí conseguiu gañar o título da NCAA en 1976, sendo nomeado mellor xogador do torneo, nunha tempada invicta para o seu equipo. En 1976 e 1977 foi incluído no primeiro equipo All-American.[1][2]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na primeira posición do Draft da NBA de 1977 por Milwaukee Bucks, equipo no que xogou durante dúas tempadas e media, e onde non demostrou o ofrecido na súa etapa universitaria. Foi traspasado a Detroit Pistons, onde permaneceu durante seis tempadas, mellorando un pouco os seus números, pero sen chegar ao que se esperaba dun número un do draft. Os seus dous últimos anos como profesional pasounos en Utah Jazz e en Cleveland Cavaliers, onde tan só disputou dous partidos. En once anos de carreira fixo 9,1 puntos e 5,7 rebotes por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NCAA College Basketball AP All-America Teams". Basketball-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2019. 
  2. "1976 NCAA Championship team". Hoosier Historia. 10 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]