Kenyon Martin
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 30 de decembro de 1977 (45 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 109 kg (234 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Bryan Adams, Dallas |
Universidade | Cincinnati (1996–2000) |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por New Jersey Nets |
Carreira | dende 2000 |
Historial de equipos | |
New Jersey Nets (2000–2004) Denver Nuggets (2004–2011) Xinjiang Flying Tigers (2011) Los Angeles Clippers (2012) New York Knicks (2013–2014) | |
Premios e galardóns | |
1× NBA All-Star (2004) 1º Equipo de Rookies NBA (2000) | |
Información en nba.com |
Kenyon Lee Martin, nado o 30 de decembro de 1977 en Saginaw, Míchigan, é un xogador profesional estadounidensede baloncesto que actualmente é axente libre. Mide 2,06 metros e pesa 109 quilogramos, a súa posición natural é a de ala-pivote e leva nas costas o número 2. Salienta pola súa capacidade intimidadora, pola súa capacidade atlética e pola a súa habilidade tapoadora e reboteadora, ademais dos seus mates.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Martin era un xogador destacable na universidade, xogaba para a Universidade de Cincinnati baixo a dirección de Bob Huggins. Fixo 18,9 puntos, 9,7 rebotes e 3,5 tapóns por partido, gañou numerosos trofeos dalgunhas organizacións coma o Trofeo Oscar Robertson, o premio John R. Wooden e foi nomeado xogador universitario do ano.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido no Draft da NBA de 2000 polos New Jersey Nets na primeira posición da primeira rolda, onde xogou ata o 2004, ano no que foi traspasado aos Denver Nuggets. Na tempada 2006-2007, só puido xogar dous encontros por mor dunha lesión no seu xeonllo dereito.
Estatísticas no NBA All-Star Game[editar | editar a fonte]
- NBA All-Star Game 2004: 23 min, 17 pts, 7 reb, 3 asi, 0 roub, 0 tap.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Kenyon Martin Arquivado 29 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)